Ciclóns en Europa

En liña co post anterior, comentar as consecuencias do ciclón “Enma” no norte de Europa, que xa no ano pasado sufrira o paso do ciclón “Kirill”. Non sei se o uso do termo ciclón é unha esaxerada licenza periodística ou se realmente acadou esa categoría.

En calquera caso, vale como exemplo o que ocorreu en Dinamarca nun parque eólico a pasada semana, no que o temporal e un erro de funcionamento provocou a explosión dun aeroxerador. Previamente fora evacuada a zona en 400 m arredor do mesmo. A continuación podedes observar como ocorreu, imaxes realmente espectacular, aínda que algúns xa as utilizaron para advertir sobre os perigos das fontes de enerxía alternativas.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.