Desprendemento bloque de xeo na Antártida

Recentemente publicouse na  prensa a noticia do deprendemento dun bloque de xeo   da plataforma Wilkins, situada ao oeste da península Antártica, que sobrepasa amplamente os 500 quilómetros cadrados de superficie. Isto non é a primeira vez que ocorre, noutras ocasións o tamaño da plataforma desprendida era considerablemente maior. Ademáis, neste caso xa estaba previsto polos científicos que ocorrera, pero predicían que tería lugar nun prazo de 15 ou 20 anos.

No vídeo que se acompaña neste post da testemuña do fenómeno a través dunhas imaxes aéreas tomadas pouco despois de que comezara esta fractura, e no que nos podemos facer unha idea aproximada da impresionante dimensión destes témpanos de xeo.


Creedes que este fenómeno pode ser interpretado como un síntoma máis do cambio climático? Terá como consecuencia un aumento do nivel do mar cando esta masa de xeo flotante sexa arrastrado polas correntes e acabe derreténdose?

Procurade información sobre este e outros casos semellantes  e comentádeo.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.