Venus: o inferno do efecto invernadoiro


Venus, polo seu tamaño, volume, densidade e composición, é o planeta máis parecido á Terra. Como o noso planeta, tamén posúe atmosfera, se ben a súa densidade e composición difire notablemente coa atmosfera terrestre, como comparación dicir que a presión atmosférica na superficie de Venus máis de 90 veces superior á da Terra, aproximadamente a mesma presión que soporta un submarino a 900 metros de profundidade. Por se isto fora pouco a súa temperatura en toda a súa superficie  arredor dos 470 ºC, tanto de día como de noite. Unha temperatura sensiblemente maior que a da superficie de Mercurio, aínda que este atópase máis próximo do Sol.

A explicación a esta elevada temperatura habería que procurala na composición da atmosfera de Venus, onde o CO2 constitúe o 96% desta densísima atmosfera (na terrestre apenas o 0,03%) polo que o efecto invernadoiro é moi intenso, a pesares de que a radiación solar atravesa con dificultade as mestas nubes de ácido sulfúrico que abundan nas capas máis altas.

Habitualmente contemplamos o efecto invernadoiro na Terra como un efecto negativo, cando en realidade a maior parte das formas de vida no noso planeta non sobrevirían sen el, pero a súa intensificación durante os últimos tempos debido a un incremento de CO2, está a causar un quecemento da atmosfera a nivel mundial, o que se traduce no coñecido e preocupante cambio climático. Evidentemente, estamos moi lonxe da situación venusiana, pero non só temos que atender os niveis de CO2, outros gases presentes na atmosfera terrestre teñen a súa parte de responsabilidade no efecto invernadoiro.

Trata de identificar a estes outros gases responsables do efecto invernadoiro e investiga por qué se lle concede máis protagonismo ao dióxido de carbono, e cáles son as principais fontes de emisión destes gases.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.