Invernos como os de antes

ventos_1.jpg

Sen dúbidas un dos temas de conversación máis recorridos cando non se ten nada que dicir é o tempo, o meteorolóxico por suposto. Pero nestes últimos días este temo volvéuse invevitable despois do temporal, bautizado co nome de Klauss, que arrasou Galicia e a práctica totalidade do norte de España, incluíndo as súas funestas consecuencias en forma de vidas humanas que levou con el.

Habitualmente cando estas conversacións sobre a meteoroloxía as mantemos con xente dunha certa idade, obtemos esta resposta “Isto non é nada, temporales eran os de antes” ou “o de agora non é frío, daquela non arriabas os sabañóns ata o mes de maio”. Esta apreciación subxectiva ten moito que ver coa mellora das condicións de vida que experimentamos nos últimos tempos, dito doutra forma, a meteoroloxía antes non era tan adversa, pero as comodidades que temos agora nos nosos fogares, ou as melloras na construción das vivendas ou  dos barcos e outros avances na predicción meteorolóxica permítennos prepararnos mellor ante estas situacións.

Pero nin os máis vellos do lugar atreveríanse a afirmar que recordan un temporal tan devastador como o deste pasado fin de semana. Son moitos os datos que nos permiten facer esta aseveración, por sinalar un moi claro, a velocidade do vento, que chegou a rexistrar refachos de máis de 190 Km/h na estación meteorolóxica de Estaca de Bares, como o recolle o diario La Voz de Galicia, outros datos tomados en estacións oceánicas dan testemuña de que este foi o temporal no mar máis violento desde que se recollen este tipo de datos.

Este fenómeno meteorolóxico adverso, empregando a terminoloxía actual, orixinouse polo proceso coñecido como cicloxénese explosiva (recoméndovos de ferventemente que consultedes o enlace), moi inhabitual por estas latitudes, e aínda que non é a primeira vez que se da, nunca se producira con esta intensidade. No caso de outros temporais célebres normalmente tiñan a súa orixe en ciclóns tropicais que atravesaban o Océano Atlántico e chegaban ata nos como borrascas moi profundas, pero xa sen o carácter de ciclón, como o caso do tan recordado Hortensia ou o máis recente Gordon.


Opinades que este feito pode ser interpretado como unha consecuencia do cambio climático, ou é simplemente un fenómeno inhabitual pero compatible co noso clima?

Esta entrada foi publicada en Clima e meteoroloxía e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

15 Responses to Invernos como os de antes

  1. ^maría^ di:

    Para min o temporal Klaus é como unha “esaxeración”: refirome a que en Galicia sempre houbo temporais, e algúns, coma este foron inusualmente virulentos(por exemplo o Hortensia).
    Pero ademáis de eso eu tamén opino que o temporal puido verse amplificado polo Cambio Climático, porque ata o de agora creo que as tormentas eran menos intensas e casi nunca chegaban a causar tantos danos; pero últimamente estanse a facer cada vez máis e máis comúns, ainda que hai que recoñer que o Klauss foi unha tormenta moi violenta.

  2. Isaac di:

    Como xa comento no post, non podemos dicir que o Klaus sexa un temporal como outros tantos que houbo en Galicia, xa que as velocidades de vento houbo nesta ocasión superaron amplamente todos os rexistros anteriores, incluso os do Hortensia.

  3. raquel_aso4a di:

    Eu creo que o temporal que houbo si que ten que ver co cambio climatico;
    -Si porque nunca se chegaron a ter ventos tan fortes en Galicia,e aparte a latitude na que estamos non se terian porque producir estes ventos tan fortes.
    -Si porque onde esta Galicia os ciclons sempre nos chegaban como fortes tormentas pero nunca con ventos tan fortes como os de agora.
    estas tormentas son tipicas de América (Estados Unidos) sobre todo.
    ainda que antes tiveramos tormentas moy fortes non había estes ventos devastadores e con tanta forza que arrasan o que teñem o seu paso.
    se agora tivemos temporais fora do inusual que é o que nos toca agora???UN TSUNAMI EN GALICIA?toda a culpa teno o cambio climantico.

  4. Isaac di:

    É bastante atrevido afirmar, a partir dun fenómeno puntual como estes temporais que nos están a afectar, que sexan consecuencia do cambio climático, porque aínda que fora así teríamos que esperar un período de tempo bastante prolongado, varios anos, para comprobar se esta tendencia se confirmara.
    Por outra banda, Raquel, os tsunamis nada terían que ver co clima, pero non descartes a posibilidade de que pudera chegar un tsunami a Galicia, no século XVIII, o terremoto de Lisboa veu acompañado deste fenómeno e a cidade quedou arrasada pola combinación do sismo, onda xigante e numerosos incendios.

  5. raquel_aso4a di:

    Informinme do terremoto de lisboa e certo.
    ainda asi sigo pensando que a culpa do temporal tena o cambio climantico.
    se nunca antes se rexistraran ventos tan fortes é porque algo afectou o clima agora para que este cambiando.

  6. pedro_aso4a di:

    Penso que os temporales son como os de toda a vida, pero mais grande, como o Hortensia.
    O cambio climatico pode ter algo que ver co aumento dos temporais e da sua intensidade dado que os efectos do cambio climatico se empezan a manifestar por todo o mundo

  7. marce_aso4a di:

    eu opino que non é debido ó cambio climántico.
    creo que son feitos puntuales que se producen en longos períodos de tempo que non propios do clima do lugar, en galicia sempre houbo tempoles pode ser que co cambio climático se magnifique un pouco pero non que sexa o responsable.
    opino que son feitos puntuales apoiandome no tsunami de Lisboa os tsunamis non son caracteríscos do océano atlántico sen embargo nun momento concreto da historia produciuse un e quizás volva a suceder ao longo do tempo e este temporal dentro de algúns anos se volva producir.

  8. ivan_aso4a di:

    Eu creo que o temporal que houbo ten que ver co cambio climático porque nunca houbo ventos tan fortes en Galicia.Ainda que nos chegaban os restos dos ciclóns nunca viñera unha tormenta tan forte.Esta tormenta é mais tipica de América pola zona do golfo de México onde é unha zona con abundantes ciclóns.En Galicia os ventos fixeron grandes danos destrozando arbores, tellados e impidindo en algunhas zonas o tráfico pola carretera.
    o klauss é unha tormenta moi violenta que xa facía moitos anos que non se producira.

  9. ana_aso4a di:

    Como xa dixo raquel,eu tamen penso que pode ser a causa do cambio climantico.
    Porque si antes non había estes temporais será por algo,porque o ambiente cambiou e o tempo tamen.

  10. laura_aso4a di:

    Eu creo que excesiva violencia do temporal Klauss foi debido o cambio climático que estamos sufrindo nos últimos anos. En Galicia hubo algunha que outra tromenta fuerte, pero con este temporal incrementouse moito a forza e tamén os destrozos que produciu.

  11. Isaac di:

    Vamos por partes.
    Primeiro, pudera ser que este temporal fose en parte unha consecuencia do cambio climático, pero será moi difícil comprobalo, e ben podería ser un feito puntual que tardara moi en repetirse.
    Segundo, a formación de ciclóns tropicais, como os xerados no Golfo de México, non teñen nada que ver, nin na súa orixe nin na súa intensidade cos ciclón extratropicais que podemos sufrir en Europa.
    Terceiro, fenómenos como terremotos e tsunamis non se producen nun mesmo sitio con gran frecuencia, senón que teñen períodos medios de concorrencia (o tempo transcorrido entre un e outro nun mesmo lugar) que poden ser de varios século ou incluso de máis de mil anos, por iso é perfectamente compatible un tsunami no Atlántico coa súa historia xeolóxica, se ben temos que utilizar unha escala de tempo moito maior.

  12. ~>DaNieL<~ di:

    Estou de acordo con María, pareceme unha total esaxeración o deste temporal, eu si mal non recordo sempre houbo este tipo de temporais, e incluso peores, non sei como sería noutras zonas de Galicia, pero concretamente na nosa zona creo que hubo cousas peores.
    E bueno tamén creo que sí, que o cambio climático afecta xa que agora non para de haber todo tipo de fenómenos naturais, temporais, maremotos, terremotos, que antes se sucedian pero agora isto é por demáis.

  13. ruben_aso4a di:

    Estou de acordo con María e Dani , este temporal foi moi esaxerado porque en Galicia sempre houbo temporais fortes , ainda que non alcanzaron estes rexistros tan fortes de vento . Eu creo que na nosa zona houbo cousas peores.
    Por outra parte , o cambio climántico tamén creo que intervén nestes fenómenos naturais , porque antes non sucedían tan a miúdo e agora suceden nun período de tempo máis curto. E agora co cambio climántico tamén hai máis maremotos , terremotos , temporais … en lugares donde casi nunca os había, e donde suceden frecuentemente son moito máis debastadores.

  14. jhonatan_aso4a di:

    Eu creo que son como os temporais de sempre xa que en Galicia houbo sempre temporais moi fortes, aínda que esta vez foi un pouco máis forte.
    Eu creo que algo tamén ten que ver co cambio climático xa que ahora é máis común que haia terremotos,tsunamis,maremotos,etc.

  15. angel_aso4a di:

    O temporal pareceme normal dado que galicia sempre foi unha zona de moitas chuvias e de moito vento, polo tanto creo que non ten que ver co cambio climatico.
    O temporal foi un pouco mais violento do normal pero en galicia xa houbo temporais que non se quedan moi atras

Deixa unha resposta