CAMBIO CLIMÁTICO E QUENTAMENTO GLOBAL

imagen

O IPCC (Panel Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático)emprega o termo cambio climático para referirse a unha importante variación estatística no estado medio do clima ou na súa variabilidade, que persiste durante un período prolongado. A causa destas variacións pode deberse a procesos naturais ou antropoxénicos-.Por outra banda, a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMCC), no seu Artigo 1, define cambio climático como “un cambio de clima atribuído directa ou indirectamente á actividade humana que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables. A CMCC distingue entre cambio climático antropoxénico, atribuído a actividades humanas que alteran a composición atmosférica e variabilidade climática atribuída a causas naturais.

Por outra banda, as temperaturas da atmosfera terrestre e dos océanos  incrementáronse nas últimas décadas e este fenómeno é coñecido co nome de Quentamento Global. Segundo o IPCC existe unha relación directa entre o quentamento global e a emisión de gases invernadoiro á atmosfera.

 No seguinte link atoparedes uns interesntes gráficos sobre o quentamento global e as súas consecuencias.

http://www.bbc.co.uk/spanish/especiales/clima/index.shtml

  1. ¿Canto variaron as temperaturas, o nivel das augas, a extensión dos xeos e o CO2 emitido á atmosfera entre os séculos XIX e finais do XX?
  2. ¿Que cambios de temperatura se poden esperar segundo o protocolo de Kioto?¿E reducindo as emisións un 75%?
  3. ¿Cales son os principais efectos do cambio climátic a ecala global?
  4. Investiga sobre o efecto invernadoiro e indica cal pode ser a súa relación co cambio climático
Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Clima e meteoroloxía e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

10 Responses to CAMBIO CLIMÁTICO E QUENTAMENTO GLOBAL

  1. ~>DaNieL<~ di:

    A variación das temperaturas foi bastante notable con un incremento de 0.7ºC dende o século XIX ata o século XX.
    No que o nivel das augas se refire o aumento foi nivel do mar foi de 0.5m dende 1860 que o aumento foi reducido ata o ano 2000 con este increible aumento.
    A extensión dos xeos baixo de forma considerable con respeto ao antigo século sitiandose en 1900 en 13 millóns de km2 y no ano 2000 en 11.5 km2.
    O CO2 emitido entre o século XIX e o século XX tamén sufriu un importante cambio, chegando ata un uso de combustibles que emiten a atmósfera de 13000 millóns de toneladas.
    Según o protocolo de Kyoto esperase que en 2100 o aumento da temperatura global sea de 2’2ºC aprox. e que se facemos unha redución das emisións dun 75% un aumento de 2ºC.
    O principal efecto do cambio climático e a escala global é o efecto invernadoiro.
    O efecto invernadoiro trata de que o vapor de auga e o dióxido de carbono e o gas metano forman unha capa natural na atmósfera que retén a enerxía solar.
    A atmósfera non recibe toda a luz do sol, e parte dela reflictea de novo cara éste, sendo a enerxía devolta, un 70%.
    Como resultado disto a terra mantense quente como para facer posible a vida.
    A relación deste co cambio climático e que deixa pasar máis do 70% para dentro de atmósfera e entonces esto fai que cada vez a temperatura sea máis alta e se desfagan os glaciares dos polos.

  2. laura_aso4a di:

    1.- A temperatura variou enormemente aumentando nuns 0.7 grados
    – O nivel do mar empezou a aumentar sobre 1900 e desde eses anos non parou de subir ata incrementar 0.4 metros o seu nivel.
    – O nivel dos xeos mantivose máis ou menos estable(entre 13 e 14 millóns de km2)pero sobre a década de 1990 diminuiu moitisimo a súa superficie chegando a acadar casi os 12 millón de km2 no ano 2000, o que significa unha diminuv¡cion de entre 1 e dous millóns de km2.
    – As emisións de CO2 aumentaron vertixinosamente, empezando con 0 toneladas de CO2 e acabando con 6 mil millóns de toneladas no ano 2000.

    2.- Se o Protocolo de Kioto se cumpre o incremento de temperatura non variaria casi nada. En cambio si es emisións se reducen nun 75% veriamos diminuir o aumento da temperatura en 2ºC.

    3.-Sequías, incendios forestais, ondadas de calor, chuivias torrenciais, inundación e tormentas

    4.- As grandes emisións de gases de efecto invernadoiro, fai que a temperatura aumente ; o que provoca un cambio no clima polo alto e rápido aumento da temperatura.

  3. angel_aso4a di:

    1-
    A temperatura subíu en 0´7 ºC
    O nivel da extensión dos xeos diminuíu en 1´5 millóns de km2
    O nivel do mar subíu 0´4 metros
    O uso en combustibles fósiles de CO2 subíu en 6 millóns de toneladas

    2-
    Según o protocolo de kyoto espera un aumento de temperatura aumentara 2´5 ºC e si se reduciran no 75 % subuiria 2 ºC (No 2100)

    3-
    Os principais cambios a escala global serían sequías, incendios forestales, olas de calor, lluvias torrenciales, inundaciones y tormentas

    4-
    A relacción entre cambio climático e o efecto invernadoiro e que o efecto invernadoiro actúa de capa que deixa entrar o calor pero non o deixa saír e eso forza que haxa un cambio de temperatura, o que provoca o cambio climático

  4. jhonatan_aso4a di:

    1-Temperatura=Aumentou 0.8 graos.
    -A nivel das augas=Aumentou 0.4 metros
    -A extensión dos xeos=Disminuiu 2.5 km2
    -CO2 admitido a atmosfera=6 miles de millóns.
    2-Segundo o protocolo de Kyoto aumentaría a temperatura 2.5 graos e reducindo as emisións un 75% case mantendría amesma temperatura.
    3- Os seus efectos serían olas de calor, provocaríanse incendios forestales ,inundación,…
    4-Que o efecto invernadoiro deixa entrar o calor pero non o deixa saír e o cambio climántico e o cambio climántico fai variar as temperaturas.

  5. raquel_aso4a di:

    1-As temperaturas foron variando notablememnte e subiron dende o s.XIX o s.XX ata aumentar os 0.7 graos.
    2-o obxetivo principal é diminuir o cambio climático de orixen antropoxénico cuia base é o efecto invernadoiro. Según as cifras da ONU, prevése ca temperatura media da superficie do planeta aumente entre 1,4 y 5,8 °C de aquí o 2100,se se cumpren as teorias do protocolo de kioto,a temperetura manteriase e aumentaria tamen,pero se se reducen as emision ata o 75% a temperatura baixaria notablemente 2 graos.
    3-Por culpa do cambio climatico producense subidas das temperaturas chuvias torrenciais e desxeo dos plos….

  6. raquel_aso4a di:

    1-As temperaturas foron variando notablememnte e subiron dende o s.XIX o s.XX ata aumentar os 0.7 graos.

    2-o obxetivo principal é diminuir o cambio climático de orixen antropoxénico cuia base é o efecto invernadoiro. Según as cifras da ONU, prevése ca temperatura media da superficie do planeta aumente entre 1,4 y 5,8 °C de aquí o 2100,se se cumpren as teorias do protocolo de kioto,a temperetura manteriase e aumentaria tamen,pero se se reducen as emision ata o 75% a temperatura baixaria notablemente 2 graos.

    3-Por culpa do cambio climatico producense subidas das temperaturas chuvias torrenciais e desxeo dos glaciares.

    4-a radiacion solar entra na terra pasando por toda a nosa atmosfera,nos na terra emitimos demasiado dioxido de carbono enton eses gases quedanse na atmosfera e non deixan sair os raios ultravioletas e demais da radiación solar,iso proboca un quentamento global.De ahí xa saen as subidas de temperatiras,dermasiada calor nos sitios onde antes non a había,o desxeo dos glaciares,as subidas das mareas…..

  7. santiguillan_aso4a di:

    1-
    -As temperaturas foron variando moito durante os séculos XIX e XX. Aumentaron 0,7 graos.
    -O nivel do mar aumento tamen aumentou notablemente dende o ano 1900. Aumentou 0,4 metros.
    -A extensión dos xeos diminuiu neste século. En 1900 había aproximadamente 13 millóns de km2 e no ano 2000 11.5. Polo tanto diminuiu 1,5 millóns de km2.
    -O CO2 tivo un aumento enorme porque de non emitir case nada pasouse a emitir aproximadamente 6 millóns de toneladas no 2000.
    2-
    -Segundo o Protocolo de Kioto as temperaturas aumentarían entre 1,4 e 5,8 graos en 2010 pero se se reduciran as emisións nun 75% a temperatura baixaría 2 graos.
    3-
    -Os efectos serían inudacións, incendios nos campos, polos aumentos de temperaturas. Tamen o desxeo que provocaría unha suba do nivel do mar.
    4-
    -As emisións de gases (sobre todo CO2) acumúlanse na capa de ozono retendo o calor dos raios ultravioletas do sol (o efecto invernadoiro) . Isto fai que as temperaturas cambien en diferentes climas (cambio climático).

  8. santieirin_aso4a di:

    1-As temperaturas aumentaro 0.7ºC, o nivel do mar subeu case medio metro e a extensión dos xeos siminuíu uns 2.5km.
    2- Segundo o protocolo de Kyoto di que a principal causa do quentamento global é o efecto invernadoiro, e din que en 2100 a temperatura subirá uns 2.2ºC. Se reducimos nun 75% as emisións aumentaría un 2%.
    3,4-A principal causa do qeuntamento é o efecto invernadoiro que é producido polos gases contaminantes enviados á atmosfera o cal produce unha capa de gas que impide deixar saír a luz solar e continúa reflectíndose na terra e aumentando a temperatura.

  9. marce_aso4a di:

    1) as temperaturas dende o XIX aumentaron 0.7º e no mar aumentou 0.10º as augas mariñas ou sexa o nivel do mar aumentou case medio metro e os glaciares diminuíron 1.5km2.

    2) protocolo de kioto é un acordo internacional que ten por obxectivo reducir as emisións de seis gases provocadores do calentamiento globalen unha porcentaxe aproximada dun 5%, dentro do periodo que vai desde o ano 2008 ao 2012, en comparación ás emisións ao ano 1990. Por exemplo, si a contaminación destes gases no ano 1990 alcanzaba o 100%, ao término do ano 2012 deberá ser do 95%.cada país deba reducir as súas emisións de gases regulados nun 5%, senón que este é unha porcentaxe a nivel global e, pola contra, cada país obrigado por Kioto ten as súas propias porcentaxes de emisión que debe diminuír. a temperatura aumentaría entre 1.5 e 6º e pero si reducimos un 75% baixarian sobre 2º.

    3)aumento de temperatura, chuvia ácida, subida do nivel do mar, se derriten os glaciares, efecto invernadoiro, …
    4) os raios solares entran na capa de ozono ao chocaren co solo son devoltos ao espacio pero algúns quedan retidos na atmósfera ocasionando o calentamento global, aumento de temperatura…

  10. Mónica Vaz di:

    Tende coidado de non confundir o burato na capa de ozono co efecto invernadoiro. O primeiro prodúcese pola emisión de contaminantes (clorofluorocarbonados dos sprays, óxidos de nitróxeno procedentes da industria e o transporte) que chegan estratosfera destruíndo o ozono da mesma, diminuíndo con isto a flltraxe das nocivas radiacións ultravioletas.
    Por outra banda o efecto invernadoiro prodúcese pola retención de parte da radiación solar que chega á terra, concretamente á emitida polo solo ó arrefriarse debido a gases presentes de xeito natural na mesma coma o Vapor de agua (H2O), Dióxido de carbono (CO2), Metano (CH4), Óxidos de nitrógeno (NOx), Clorofluorocarbonos, etc. Grazas ó efecto invernadoiro as temperaturas da terra son máis altas e favorables para a vida. O efecto prexudicial ven dado pola influencia humana, que coa queima de combustibles fósiles, transporte, etc, incrementou a concentración destes gases na atmosfera, cunha clara influencia para o clima global da terra

Deixa unha resposta