“Volverán las oscuras golondrinas…”

imagen

… de tu balcón sus nidos a colgar”, escribía Gustavo Adolfo Becquer hai máis dun século o que podíamos interpretar como unha predicción fenolóxica. A fenoloxía é a ciencia que estudia a relación entre os factores climáticos e os ciclos vitais dos seres vivos, por exemplo a chegada das anduriñas que versaba o poeta ou a súa marcha ao achegarse o inverno. Estas observacións poden ser consideradas como un sintoma máis do cambio climático, deste xeito, nas últimas decadas adiántouse a chegada das anduriñas a Galicia 14 días e marchan 15 días máis tarde con respecto ao que facían hai 30 anos.

Na nosa propia comarca podemos comprobar como ano tras ano adiántase a temporada de vendima achegándose progresivamente ao comezo de setembro, cando hai poucos anos era habitual esperar ata o final dese mesmo mes, feito que, como podemos ver na gráfica, é observable en otras zonas vitivinícolas.

Moitos destes eventos estudiados pola fenoloxía quedan recollidos no refraneiro popular, pero o cambio climático fai que vaian perdendo fiabilidade. Así moitos porcos seguen vivos despois do San Martiño (11 de Novembro) ou as cegoñas, onde as hai, xa poden verse antes de San Blas.

Coñecedes refráns que fagan referencia a meteoroloxía e o calendario? A mellor fonte que podedes consultar é a xente maior. Investigade e despois reflexionade se algúns destes refráns perderon vixencia como consecuencia do cambio climático.

imagen

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to “Volverán las oscuras golondrinas…”

  1. Isaac di:

    Houbo que restaurar o sistema, polo que os comentarios que fixestes perdéronse, se estades nese caso agradeceríavos que os repetírades

  2. martinblan.aso4a di:

    Estes refráns fenolóxicos son outras das múltiples probas que mostran que, co paso dos anos, o quentamento global é peor e máis notable…

    Ademais dos exemplos que citaches no artículo, poderiamos decir que o coñecido refrán: “En abril, augas mil” está quedando obsoleto, xa que nos últimos anos o bo tempo “adiantouse” uns meses o que nos ofreceu días despexados no mes de Abril.

    Outro refrán, afectado polo cambio clímatico, e relacionado coa meteoroloxía, é “En septiembre, el que no tenga ropa, que tiemble”. Poderiamos decir que este refrán está quedando obsoleto, xa que nos últimos anos notamos como que o Agosto prolongouse poco menos dun mes, xa que o calor non cesa ata finais de Setembro.

  3. cristina.aso4a di:

    Agora non todos os refráns se cumpren porque o cambio climático non o permite, aínda que outros moitos din a verdade como por exemplo: “Lúa nova con treboada, trinta días de mollada” di a verdade porque como poidemos comprobar este inverno, se co cambio da lúa chovía xa chovía todo o mes.
    Pola contra outros refráns que non se poden mirar moito poderían ser: “A chuvia no febreiro fai bo palleiro” aínda que hai anos en febreiro chovía moito.
    Outro refrán como “A auga en abril enche o carro e mailo barril” xa non se pode apreciar moito xa que, nos últimos anos o tempo adiantouse e en abril xa non chove tanto como hai moitos anos.

  4. elisa.aso4a di:

    Como outros refráns xa expostos, estes que aquí presento perderon valor co cambio climático:

    “Por Todos los Santos nieve en lo altos y por San Andrés en los pies”. Co aumento da temperatura, agora na montaña nin a principios (Todos los Santos, o día 1) nin a finais de novembro (San Andrés, o día 30) neva. Ademais, estes últimos anos, neva menos e neva máis en primavera.

    “Por octubre, rescoldito de lumbre”. Estes anos, neste mes, os termómetros non baixaron moitos días dos 20 grados. Polo que non han sido necesarias neste mes nin a calefacción nin “lumbre”.

    “Sapo cantador, buen tiempo barrunta” Debido ó cambio climático, moitos anfibios están desaparecendo ó non conseguir adaptarse.

    “En septiembre, el que no tenga ropa, que tiemble”. Estes anos, neste mes, agradeceríase máis non ter moita roupa. É coma se o mes de agosto tivera casi 60 días.

    “El día de San Crisanto, las moscas al camposanto” As moscas que habitualmente desaparecen en outubro (San Crisanto, o día 25) aínda revolotean debido que o calor persistiu máis ala do verano debido o cambio climático.

    Pois estes son algúns dos refráns onde podemos observar o cambio climático.

  5. micael.aso4a di:

    Repito o meu comentario que foi borrado xunto cos demais, despois da restauración do sistema:

    “Por octubre, rescoldito de lumbre”. Este refran estase a quedar obsoleto, xa que a calor do verán persiste cada vez máis despois do fin da tempada do que estamos acostumbrados. Este fenómeno estase a repetir moi notablemente nos últimos anos.

  6. jhonatan.aso4b di:

    Isto quere dicir que os refráns que identificaban os meses co tempo ,márcannos unha clara diferencia xa que os meses nombrados con ese tempo, xa está empezando a cambiar e soénse adiantar ou atrasar ó dia sinalado, por culpa do cambio climántico,que leva a cabo o quentamento global.
    Podemos observar estes exemplos en algúns deste refráns:
    -El día de San Bartolomé (24 de agosto), el que no haya terminado de era, agua en él”.

    -En enero, se yela el agua en el puchero;podemos observar que o pasado xaneiro non foi tan frío como os anteriores.

    -El agua de octubre, siete lunas cubre;podemos observar que o pasado outubro choveu menos comparándoo a outros anos atrás

  7. Isaac di:

    Parécenme moi interesantes os vosos comentarios, pero sería desexable que houbera refráns en galego, non por darlle prioridade a esta lingua senón porque indicarían a súa procedencia dun contorno máis próximo a nós.

    Algún dos refráns que recolleste non é aplicable ao noso clima, nin agora nin antes, outros si pero aínda é demasiado pronto para concluír que xa perderon a súa vixencia.

    Sigo esperando as vosas contribucións.

  8. daniel.aso4a di:

    Existen multitude de refráns sobre meteoroloxía e meses do ano como por exemplo:

    -Boda en mayo, ¡que fallo!; referíndose a que casarse en maio no sería boa idea debído a chuvia.

    -El buen enero, frío y seco; quere dicir que normalmente o mes de xaneiro é frío e seco, pero actualmente eu non o creo así.

  9. sofia.aso4b di:

    Preguntando aos meus familiares, atopei algúns refráns que me pareceron interesantes para comentar con vós. Algúns deles son:
    -“Polo San Martiño, fai lume e quenta o fuciño”.
    Outra alusión ao San Martiño, cada vez menos acertada debido a este cambio no clima.
    -En xaneiro,frio no corpo enteiro.
    -No mes de xaneiro, sete capas e un sombreiro.
    -En xaneiro, polo día ao sol e a noite ao braseiro.
    Nestes comprobamos que aínda que ben é certo que en xaneiro vai frío, todos sabemos ou podemos intuir que non tanto coma hai unhas décadas.
    -Febreiro, xeada na leira, cachopo na lareira. O mesmo podemos dicir do mes de febreiro, cada vez menos frío, aínda que este ano non podemos dici-lo contrario.

  10. malena.aso4b di:

    Un Bo Refrán para apreciar como cambia o tempo é “en agosto faise o mosto” este refrán xa non é aplicable desde fai uns anos porque houbo que atrasar a vendima polas chuvias e as uvas tardaron en madurar.

  11. sara.aso4a di:

    -“O sol de xaneiro, pouco duradeiro”
    Refírese, como ben sabemos, a que no mes de xaneiro o que abunda é o ceo nublado e as choivas, non o sol.
    Como tamén: “En xaneiro: bufanda, abrigo e sombreiro” ou “Aunga de xaneiro, cada gota vale diñeiro”.

  12. martincorb.aso4a di:

    ola amigos aqui vos deixo unha serie de refrans tipicos e topicos da nosa cultura:
    REFRANEIRO POPULAR
    Chuvia pola Ascensión, nin boa faba nin bo melón
    Inverno chuvioso, verán caluroso
    Outono quente, trae o demo no ventre
    No mes de agosto, non capes nin rapes
    Polo San Isidro, sementa o teu millo

    Os anteriores refrans dan conta do tempo que tiñan os nosos antepasados uns anos atras na nosa Galiza.Que por diversas causas foise transformando ata o que hoxe temos, esto fai que estes refrans climatoloxicos estan obsoletos.
    ATENTAMENTE DN.Martin Corbelle

  13. rebeca.aso4a di:

    Máis refráns que poderían perder valor co cambio climático:
    “Marzo chuvioso, verán caluroso.”
    “Ata o corenta de maio non quites o saio.”
    “En xullo arder e patacas coller.”
    “Despois da Peregrina, ven o inverno axiña.”

  14. lourdes.aso4a di:

    Un refrán que se aplica na nosa zona podería ser:
    “Abril frío: moito pan e pouco viño”
    Este é un exemplo de que nestes últimos anos o bo tempo adiantouse con respecto a outras épocas.
    Neste refrán falanos dun abril con chuvias e frío onde se recolectaron as colleitas de cerais para facer pan e o viño xa se acabara.

  15. noeliavaz.aso4a di:

    Os refráns non son moi precisos pero as veces mostran a realidade,estes non se poden aplicar xa que o tempo e variable non sempre fai temporal en Marzo como di este refrán “En Marzo temporalazo”.
    As persoas maiores son as que mais creen nos refráns e din que sempre se cumpren, ainda que só sexan crenzas.

  16. iria.aso4a di:

    O refrán “Por San matías cantan os paxaros as súas gallardías”. Fai referencia ó noso título e máis o cambio climático, xa que co paso do tempo vense marchar máis tarde os paxaros e vir máis pronto, lamentablemente co cambio climático estanse cambiando moitas costumes na vida dos animais e da agricultura.

  17. arantxa.aso4a di:

    Un dos refrans que sei é este:”El sol de enero, es poco duradero”,quere dicir que no mes de enero o sol dura pouco porque os dias son cortos e como é inverno non soe sair o sol senon que sempre chove.

  18. carmen.aso4a di:

    Un exemplo de que os refráns non son aplicados sempre é “Polo san Martiño mata o teu porquiño” dado que agora o tempo da matanza atrasese varias semanas

  19. silvia.aso4a di:

    “Si xunio é húmido e quente, vese o campesiño sorrinte”.Pero fai uns anos acá, os campesiños teñen diferentes problemas coas súas colleitas dende os que traballan no viño ós que traballan noutro tipo de produto. Os agricultores non saben exactamente o que está a pasar…Todo se resume nun camio climático, que se ve afectado en todos.

  20. samuel.aso4a di:

    Estes refráns fenolóxicos danlle contundencia a que o cambio climático xa é preocupante.Por exemplo:
    -San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.
    Tempo atrás era costume que as anduriñas nos deleitaran coa súa presenza en días próximos á festividade de San Raimundo; pero agora isto xa non é así,xa que agora chegan antes.
    -Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!.Antes polo San Martiño xa comezaba a manifestarse o inverno, sen embargo agora o inverno é máis preguiceiro.

  21. joseph.aso4b di:

    Estes son algúns refráns que se inventaron polas concecuencias do cambio climatico:

    -“Por outubro, rescoldito de lume”.
    Ni calefacción ni lume foi necesario no mes de
    outubro, nel que os termómetros non baixaron
    moitos días dos 20 graos.
    -“Por San Blas, a cigüeña verás”.
    Estes animais han cambiado seus hábitos, en
    lugar de aparecer por San Blas (3 de febrero)
    como manda a tradición, xa anidan en nosos
    campanarios o primeiro de xaneiro.
    -“O día de San Crisanto, as moscas a camposanto”. O calor ha persistido mais ala do verán. As moscas, que habitualmente desaparecen en outubro (San Crisanto, o día 25) ainda seguen revoloteando.

  22. noeliadozo.aso4a di:

    Algúns refráns como:
    “Lluvia en mayo, pan para todo el año” ou
    “En abril, toda canta poida vir” deixarán de ter veracidade co paso do tempo,xa que a consecuencia do cambio no clima a chuvia non caracterizará os meses de maio e abril senón que o fará en meses anteriores.
    Outro refrán a destacar podería ser:
    “Se chove na lúa de octubre, sete lúas cubre”.
    Cóntanos que se chovia en outubro nos sete meses posteriores fariao tamén, pero nestes últimos anos non estamos a ver ese caso.

Deixa unha resposta