…e ti, cantos xenes tes?

imagen

A finais dos anos 80 iniciouse un proxecto internacional coñecido como PROXECTO XENOMA HUMANO (PXH) que tiña como finalidade secuenciar a totalidade do xenoma dun ser humano, localizar e contabilizar os xenes que o formaban. Este programa de investigación tivo dúas vertentes, unha pública encabezada pola administración dos Estados Unidos  e outra privada levada a cabo polos laboratorios Celera Corporation.

Estimouse que esta investigación ocuparía un período de tempo de 15 anos, pero rematouse con bastante antelación, e con resultados sorprendentes en canto ao número total de xenes, menos de 30.000 (menos que o arroz ou só o dobre que a mosca da fruta) cando inicialmente estimábase que serían máis de 150.000.

As aplicacións prácticas do coñecemento do xenoma humano son múltiples, desde o diagnóstico precoz de enfermidades hereditarias ou detectar a predisposición a padecer outras,  ata o desenvolvemento de terapias que atenúen as consecuencias das mesmas, incluso a súa curación mediante a denominada terapia xénica. Desde o punto de vista científico, tamén é de moita utilidade para establecer parentescos evolutivos entre o ser humano e outras especies.


Pero estes avances tamén teñen a súa contrapartida en forma de perda da nosa privacidade. Hoxe en día xa é posible nun prazo de tempo inferior a un mes facer a secuenciación completa do ADN de calquera ser humano con un custo económico relativamente pequeno. Estes prazos e o seu custo estanse a reducir rapidamente e, nun futuro moi próximo, a partir do noso ADN facer un perfil da nosa personalidade, calcular de forma precisa a nosa esperanza de vida ou determinar a idoneidade para un posto de traballo concreto ou para unha determinada especialidade deportiva. O perigo está en quén dispoña desa información e como a utilice.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to …e ti, cantos xenes tes?

  1. cristina.aso4a di:

    Dende o principio da investigación, propúxose desenrolar o PGH a través de dúas vías independentes, pero relacionadas e ambas esenciais:
    Secuenciación: Tratábase de averiguar a posición de todos os nucleótidos do xenoma.
    Cartografía o Mapeo Genético: consistía en localizar os xenes en cada un dos 23 pares de cromosomas do ser humano.
    O Genoma humano está composto por aproximadamente 30.000 xenes, ocasión na que as xenes oscilaban entre 26.000 y 38.000.

  2. micael.aso4a di:

    Este proxecto tivo un periodo de desarrollo alto(12 anos) e un precio moi elevado,hoxe en dia podese secuenciar o teu ADN por uns 1000 euros e nun periodo non moito maior de un mes,para que vos fagades un idea do qe valeu este proxecto:

    O aislamento por clonación posicional do gen da fibrosis quística costou $ 30 millons. Se calcula que,tendo un bo mapa como os actuais, custaria soamente $ 200.000.

    Foi un proxecto moi ambicioso para o seu tempo,ainda que fora fai un par de decadas…

  3. estela.aso4a di:

    Este gran avance científico proporciona unhas grandes melloras no ámbito médico, pois posibilita o tratamento de diversas enfermidades hereditarias. Con este descubrimento, a nosa identidade está exposta a todo o mundo, quedando
    sen intimidade. Se utilizásemos esta valiosa información para buscar ás persoas máis aptas para un posto de traballo, para representar a un grupo de persoas ou mesmo para encontrar a nosa “media naranxa”. Se a nosa vida estaría rexida por este descubrimento, as persoas non terías máis aspiracións que as propiamente ditas no test de ADN. Con todo isto, as nosas vidas personais e profesionais estarían moi limitadas e non teríamos un gran mundo aberto para poder poñernos a proba e superarnos a nos mesmos.

  4. borja.aso4b di:

    O proxecto xenoma humano non foi completado hasta 2003 dos años antes de lo que esperaban.
    Coñecer a secuencia completa pode ser de gran relevancia xa que pode axudar ó favorecemento do coñecemento das enfermidades, a crear novas medicinas y a diagnósticos máis fiables e rápidos. Sen embargo descubrir toda la secuencia xenética de un organismo no saberíamos o seu fenotipo y por eso no poderíamos saber todos os problemas tanto éticos como sociais

  5. emilio.aso4b di:

    Esto é o que estudia o Proxecto Xenoma Humano. Na nosa especie existen un total de 46 cromosomas O conxunto dos 46 cromosomas constitúe o que denominamos o xenoma humano. Como somos unha especie diploide, quere decir que o noso xenoma está formado en realidade por dous xogos de 23 cromosomas homólogos, un que vén da nosa nai a través do óvulo, e outro que vén do noso pai a través do espermatozoide.Para estudar os cromosomas recorremos a unhas representacións denominadas CARIOTIPOS , nas que se colocan os cromosomas homólogos ordenados por pares e por tamaño, desde o par máis grande, o 1, ata o máis pequeno, o 21, e mais os cromosomas sexuais.

  6. miguel.aso4b di:

    Está claro que nun futuro todos estaremos identificados nun rexistro informático de ADN, xa que será de moita utilidade en aspectos como a búsqueda de delincuentes,cura de tódalas enfemidades xenéticas e moitas outras utilidades.A pesares de que a nosa privacidade quede ó alcance dos que controlen estes datos, pode axudar moito á humanidade, pero na miña opinión, privaranos da aleatoriedade que ten a vida, dando lugar a que as nosas vidas sexan insoportablemente monótonas, porque, como comentaba arriba estela, determinarase para que traballo ou para que parella somos aptos.

  7. sofia.aso4b di:

    O que eu creo sobre este asunto do ADN, é que para certas cousas pode chegar a ser beneficioso, ou simplemente interesante, se falamos de que os nosos datos os coñezamos nós propiamente ou os nosos achegados. O “perigoso” deste tema é que tamén poden ser vistos por persoas alleas, que poden prexuzgarnos según o noso ADN.
    De tódolos xeitos é un grande avance científico, que pode chegar a ser moi necesario, se se emprega dunha maneira axeitada.

  8. joseph.aso4b di:

    O coñecemento da secuencia completa do “Proxecto Xenoma Humano” é una potente ferramenta para a investigación en biomedicina e xenética clínica, potenciando o avance no coñecemento da pato genia de enfermidades pouco coñecidas, no desarrollo de novos tratamientos e de mellores diagnósticos.

    Coñecer a secuencia dos xenes permitira enfrentarse as enfermidades e deficiencias do ser humano.

    Este avance tamén podría ser usado contra minorías en razón de seus condicións físicas,sociales e económicas.

  9. elisa.aso4a di:

    Na miña opinión, este avance é moi interesante en diversos aspectos, beneficiosos ou perxudiciais. Os beneficios os vexo claros no ámbito científico polas súas multiples utilidades como o coñecemento de enfermidades antes do nacemento dun ser humano, o estudo da evolución da personalidade e as súas circunstancias, diagnósticos dende a raíz e comezo dun ser… e seguramente teña moitas mas. Son uns avances interesantes no mundo científico pero, a súa vez, ten desventaxes que principalmente afectan ó ambito persoal. O coñecemento de saber como é unha persoa cambiaría radicalmente a nosa sociedade, contratando a persoas polo seu ADN, buscando parella pola compatibilidade da personalidade que mostra o seu ADN e outras situacións. Considero que crearían un mundo sen a investigación dun mesmo e dos que te rodean, a ética,onde reflexiona sobre o comportamento humano, as normas morais, a súa fundamentación, a súa validez, a súa universalidade…; sería só unha filosofía antigua,porque ¿para que intentar ser mellor, cambiar aspectos da túa vida, a moral ou outros factores se todo esta definido no teu ADN? Perderiase moito neste ámbito, na miña opinión, tan fermoso, de coñecerse a un mesmo e os demais a partir da túa vida,experiencias… e pareceme simplemente limitar as persoas cun informe, sen deixarlle unha privacidade e intimidade necesaria.

  10. daniel.aso4a di:

    Isto é un gran avance, básicamente para nunha determinada cantidade de tempo estar todos identificados mediante o ADN.
    En concreto para saber quen es, en accidentes, asasinatos, delincuencia…
    Todo será máis rápido e preciso.
    Esto tamén axudará a combatir enfermidades que aínda non se lle ten cura, etc…

  11. fatima.aso4b di:

    Os avances que se van conseguindo en relación ó ADN, son moi interesantes a pesar de que, como xa explicaron os meus compañeiros, se vexa exposta a nosa intimidade. Como moitos descubrimentos que se fixeron ó longo da historia, se estes coñecementos se empregan como é debido, poden ser bastante beneficiosos, por outro lado, si non se lles da unha boa utilidade poden chegar a ser prexudiciais.
    Uns exemplos de bo uso da proba de ADN son: saber a relación xenética que hai entre dúas persoas, como poden ser as probas de paternidade. Determinar si unha persoa da cal se obtivo unha mostra de ADN está relacionada a outra mostra tomada en outro lugar; esto emprégano principalmente os policías ou os forenses. E como non, empréganse para as investigacións científicas, algunhas incluso aclaran feitos históricos moi antigos.

  12. arantxa.aso4a di:

    O principal obxetivo científico do Proxecto do Xenoma Humano sería según os seus defensores: profundizar no seus coñecemento da historia e identidade do ser humano; adquirir coñecementos sobre os factores medioambientais e xenéticos que condicionan a predisposición e a resistencia ás enfermidades, a denominada Epidemioloxía Xenética;e alentar a creación de laboratorios locais onde se recollan e analicen mostras xenéticas.

  13. lourdes.aso4a di:

    Esto é sen dúbida un gran avance no aspecto da medicina como no coñecemento do ser humano.
    Véxoo beneficioso:
    Dende o punto de vista da medicina moitas enfermidades hereditarias podrían previrse ou curalas favorablemente.
    Dende o punto científico tamén é moi importante. Vemos como cambia o ser humano, a súa evolución e asi mesmo tamén outras especies.
    Sin embargo, no párrafo referido a facer un perfil da nosa personalidade ou a idoneidade para un posto de traballo non teño a mesma opinión. O ambiente, a sociedade na que cada persoa viva influirá moito.

    E con isto remato. Creo que o importante do ser humano é o descubrir, experimentar, equivocarse e elixir. Con este avance xa non teriamos esas posibilidades sabendo dalgunha forma o noso futuro e limitando a nosa privacidade.

  14. silvia.aso4a di:

    Na miña opinión, este estudo ten partes boas e malas como o avance na menciña pero si recolleramos as persoas para diferentes aspetos polo seu ADN non habería investigación nin un mundo interesante, a xente non tería posibilidades… a pesar de que queda esposta a súa intimidade, pero o ADN pola miña parte…creo, que non é o principal nas persoas, xa que poden cambiar é ter moitas virtudes e contraposicións que un simple ADN non dice, aínda así, si con este estudo se facilitan moitas relacións a favor da menciña creo que da igual a nosa privacidade, en respeto a menciña, non nos traballos, compativilidade…

  15. Isaac di:

    Os beneficios do coñecemento profundo do noso xenoma son indubidables, de feito aínda moitos están por chegar. Pero será necesaria unha lexislación moi estricta en canto ao uso da información individual derivada da análise do ADN humano, tanto a nivel de empresas privadas como da administración pública. Por exemplo, en Gran Bretaña xa existe un rexistro de mostras de ADN de gran parte da poboación para a identificación de autores de crimes, aínda que estas persoas non teñan antecedentes penais.

  16. noeliadozo.aso4a di:

    O Proxecto Xenoma Humano foi un avance moi importante na ciencia e na sociedade.A partires del unha diagnosticación de enfermidades e curación destas é un gran avance na medicina, que irá evolucionando co paso do tempo, beneficioso para todos, pero como a maioría das cousas este coñecemento completo do ADN dun ser ten as súas desvantaxes e elimina a privacidade, que todo ser independente ten dereito a ter.
    Esperemos que este proxecto nos siga proporcionando ao longo do tempo novos avances e a cura definitiva de enfermidades moi abundantes actualmente, sen que chegue a ser un problema na sociedade nin na forma de vida das persoas.

  17. manuel.aso4a di:

    Na miña opinión, cando pasen uns cantos anos e sexa moito máis económico facerse una análise do ADN, crearase un gran ploblema:a privacidade de cada ser humano.Tamén provocara a perda de cualidades humanas como é a capacidade de superación de cada persona. No mundo deportivo por exemplo, nos xogos olímpicos, será una competición de “máquinas perfectas” por asi decilo. Isto fará que o mundo sexa moito máis aburrido, monótono e desilusionante…
    Pero tamén ten a súas vantaxes coma o diagnóstigo precoz de enfermidades hereditarias e poderase escoller aos mellores representantes de cada país para gobernalo do mellor xeito posible.

  18. Isaac di:

    Manuel, moi perigoso o que dis, a democracia consiste en que o pobo escolle aos seus gobernantes en función dun programa e ,por así dicilo, un prestixio persoal. Definir un perfil xenético ideal do gobernante e escollelos a través do seu ADN case me parecería outra forma de dictadura.

  19. sofia.aso4b di:

    Despois de ler os comentarios de tódolos compañeiros, penso que xa que non se pode utiliza-la clonación para axudarlle ao noso planeta evitando a extinción das especies animais, propoño unha nova incógnita: podemos clonar as plantas e árbores, para evitar deste xeito as deforestacións?

    Finalmente, coma tódalas cousas, a clonación é un descubrimento que ben empregado, pode ser fantástico, pero se facemos un mal uso dela, pode chegar a ser moi perxudicial.

  20. jhonatan.aso4b di:

    Ten a parte boa e mala:a parte mala e que a privacidade de cada persoa quedaría revelada a toda persoa,,a parte boa e que se pode saber enfermidades non coñecidas e a súa procedencia,coa cal se podería facer unha cura

  21. angel.aso4a di:

    Paréceme que o Proxecto Xenoma Humano ten unha parte boa e outra mala:
    En primeiro lugar, paréceme mal que unha información obtida do xenoma sexa a que pon as metas na nosa vida, xa que nese caso non valdría a pena esforzarse por nada por que sabes o que podes e non podes conseguir, a demais da perda da nosa privacidade.
    En segundo lugar paréceme un avance moi importante no campo da medicina xa que isto podería axudar a descubrir enfermidades que descoñecemos e buscar unha cura.

  22. anton.aso4b di:

    As conclusións que estuben mirando sobre o ‘PROXECTO XENOMA HUMANO’ creo que son as seguintes:

    -O Proxecto Xenoma representa un descubrimento científico e tecnolóxico o mesmo tempo que unha revolución económica.
    -Permitirá curar as enfermidades e deficiencias do ser humano
    -Podía ser usado contra as minorías en razón das súas condicións físicas, sociais e económicas.
    -É indispensable o control e a responsabilidade dos científicos para evitar a violación de algúns dos dereitos humanos.

  23. gabriel.aso4b di:

    Neste proxecto participaron moitos laboratorios, de distintos países coma: EE.UU, Australia, Brasil, Inglaterra, Canada, China, Francia, Alemaña, Dinamarca, Israel, Italia, Unión Europea, Xapón, Corea, México, Holanda, Rusia e Suecia.

    Un dos logros alcanzados pola PXH, foi:

    O 1 de Decembro conseguiuse secuenciar o primeiro cromosoma humano, este foi o cromosoma 22 que permitiu grandes melloras para o ámbito da medicina, xa que este cromosoma contén xenes involucrados na leucemia, cáncer de mama, retardo mental e outras patoloxías.

Deixa unha resposta