Á súa imaxe e semellanza

imagen

En 1996, case de forma inesperada, unha ovella escocesa alcanzaba unha sona mundial sen precedentes na súa especie, era primeira noticia nos telediarios, noticia de primeira páxina con grandes titulares nos xornais e portada nas revistas. O seu nome enseguida foi familiar para todos, Dolly, e a ocasión o merecía, tratábase do primeiro mamífero clonado a partír do ADN dun individuo adulto (previamente xa se levaran a cabo experimentos de clonación con éxito, pero con embrións).

Esta experiencia levouse a cabo no Instituto Roslin de Edimburgo baixo a dirección de Ian Wilmut. En realidade Dolly representaba o primeiro intento rematado con éxito despois de algúns fracasos previos no desenvolvemento desta técnica, que posteriormente foi empregada, tamén con exito, en outros animais.

imagen

Como dato negativo resaltar que a ovella Dolly tivo que ser sacrificada 6 anos despois, dado que presentaba múltiples problemas de saúde derivados da súa orixe a partir do ADN dun individuo adulto e que se manifestaban en forma dun envellecemento prematuro. Esta circunstancia pon en entredito a viabilidade desta técnica, o que se suma á multitude de problemas éticos que provoca a propia clonación, pero o certo e que este grupo de científicos non ensaiaban unha forma de clonación reproductiva dirixida a obtención de clons humanos, pero si que pode ser abrir un camiño cara a obtención de células nai e a clonación terapéutica.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Á súa imaxe e semellanza

  1. daniel.aso4a di:

    Isto da clonación é algo realmente curioso e interesante pero eu poño en duda o que poida chegar a pasar no futuro cando isto se normalice con clonacións de persoas e cousas de este tipo.
    Tamén teño unha duda que é: sí por exemplo é a persoa máis rápida do mundo e a clonas… tamén sae unha persoa coa misma capacidade física e a mesma velocidade?

  2. arantxa.aso4a di:

    Dolly foi creada cunha célula da ubre da ovella e un óvulo que permitiu ler a información xenética que trae o núcleo da célula.
    Ainda que houbo outros experimentos semellantes ,a aparición de Dolly provocou un amplo debate sobre os alcances da donación.
    Esta técnica foi calificada de «profanación xenética» pola Igrexa Católica e moitos gobernos criticarona. Ante a atemorizante perspetiva de contar con «dobres» de persoas, Wilmut asegurou que a donación era imposible en humans.

  3. sara.aso4a di:

    Pois eu opino que a clonación pode chegar a ser algo beneficioso, anque tampouco estou de todo a favor dela, pero, por exemplo, se estás a morrer e precisas un transplante de corazón, sempre cho pode donar o teu clon.
    Anque, repito, tampouco estou de todo á favor deste feito.

  4. Isaac di:

    Sara, crear un ser humano copiando a outro para empregalo como unha fonte de “pezas de reposto” paréceme unha aberración. A clonación terapéutica é outra cousa.

    Busca información para aclarar ese erro de concepto que cometes, e non confundas a clonación reprodutiva coa terapéutica.

    Espero por aqui as vosas aclaracións.

  5. micael.aso4a di:

    Contestando a pregunta de Dani,eu creo que o clon da persoa mais rapida do mundo non seria tan rapido como ela,posto que as horas de entrenamento nin a tecnica que o seu predecesor posto non modifican o ADN, pero posuiria grandes actitudes fisicas cara a velocidade.

  6. micael.aso4a di:

    Isac o comentario qe puxen antes esta mal redactado.

  7. silvia.aso4a di:

    eu vexo a clonación como un moi bo decubrimento pero unha forma de perder o tempo, para que queremos alguén igual ca nos¿?¿ bueno hai xente que si que quere, pero ese clon ten case todas as posibilidades de saír moi mal aproveitoso, poño o exemplo de Dolly, a Dolly houbo que sacrificala por todos os problemas e enfermidades que acarreba devido a clonación, o pobre animal estaba sufrindo e todo polo interés de facer alguén igual, por cambiar a vida. o ciclo da vida nácese,crécese e mórrese, eu vexo unha parbada realizar eses experimentos con seres vivos, anque teña cousas “aproveitosas”, por exemplo se unha persoa necesita un órgano…pódese clonar, si, pero ten case todas as posibilidades de saír igual de mal que o donador do que se extrae esa célula para clonar un órgano,faríanse modificacións, si pero non sería seguro por iso anque se queiran sacar cousas boas da clonación, na miña opinión, creo que non as hai, creo que é unha forma de desaproveitar o tempo, en vez de buscar a forma de clonar a animais ou persoas, porque non se buscaa a maneira de convatir o cáncer¿?¿?ou outras enfermidades polas que moitas persoas están morrendo hoxe en día¿?¿?, a verdade e que é máis bonito e máis bantaxoso perder o tempo clonando para saber finalmente que esa clonación non ten nada de partido…

  8. sara.aso4a di:

    Xa, foi fallo meu. Estaba mal informada. De todas formas non me refería a un clon que andivese por ahí e cando o necesitaras, usábalo.
    A ver, eu escoitei (debín interpretar mal) que moitos famosos, e xente rica e así clonábanse e tiñan a eses clons nun estado de conservación por si algunha vez necesitasen un trnsplante ou algo. Por exemplo, como se conservan as células nai, pois conservando un clon.
    Bueno, un lío por miña parte. Gracias polas aclaracións.

  9. micael.aso4a di:

    Sara iso é de unha peli.

  10. noeliadozo.aso4a di:

    Deixando a un lado a especie humana e centrándonos no emprego da clonación en diferentes especies de seres vivos,que se ven experimentando dende hai varias décadas, atopamos este método de “reproducción” empregado no intento de recuperar especies xa extintas como o mamut. Isto non chegou a levarse a cabo debido a que non foi posible a extracción do ADN dun mamut conxelado, xa que para poder realizar unha clonación con éxito é preciso manter a información xenética en perfecto estado.

    Actualmente, os investigadores estudan a posible clonación de especies que aínda están en perigo de extinción como son o guepardo, o ocelote (Sudamérica) e o panda xigante. Pero con esta clonación o que conseguimos é obter individuos idénticos, e isto frea a evolución das especies, sendo a variabilidade xenética a que a fai posible.
    Por eso que o único fin que teñen estas clonacións de especies é o de obter méritos científicos e tecnolóxicos, sen que teñan ningún éxito no medio natural.

  11. sara.aso4a di:

    Micael, non che dixen que non o vira nunha película, de feito penso que foi así, xa que algo diso me sona.
    Eu xa dixen que o oíra, pero nin sequera me acordaba de onde.

  12. Isaac di:

    A posibilidade que menciona Noelia é interesante, a recuperación de especies extintas das que poidamos obter algunha mostra de ADN.

    Credes que iso sería de utilidade?

  13. Isaac di:

    Por favor, tede coidado coa ortografía.

    Silvia, Dolly en realidade foi un experimento para conseguir unha técnica de clonación, pero os seus creadores non buscaban unha forma de producir copias de seres vivos sen máis, senón inciciar unha liña de investigación que levase a novas vías de curación de enfermidades, tamén contra o cáncer, ou a obtención de órganos, non seres vivos completos, para persoas que non consigan doadores compatibles.

    Evidentemente esta técnica non é perfecta, presenta deficiencias que haberá que resolver con novas investigacións. Agora ben, se outra técnica diferente da clonación ofrece mellores resultados o lóxico sería abandonar esa liña de investigación, pero en ningún caso é unha perda de tempo.

  14. sofia.aso4b di:

    En referente ao que dicía Silvia no seu comentario, de por que non se busca a cura para o cáncer, eu creo que a razón vai máis alá dunha investigación científica. Entran en xogo factores como o consumismo e a venta destes medicamentos que axudan a combati-lo cáncer, posto que as farmacéuticas non estarían moi beneficiadas.
    Deixando a parte este tema, o descubrimento da clonación paréceme algo moi interesante, posto que non só o podemos “usar” para ter un individuo igual a nós e quedar aí. Pode servir para posteriores investigacións, e, como dicía Noelia, para clonar os seres vivos en perigo de extinción, arriscándonos, iso si, ao que dicía Isaac, xa que terían material xenético idéntico e non evolucionarían dunha maneira natural.
    Aínda así, podería servirnos para dar un “empuxón” a unha especie en perigo, e despois deixar que todo flúa naturalmente. En conclusión, usar a clonación como método de axuda.

  15. elisa.aso4a di:

    En primeiro lugar, opino que a clonación e curiosa por todas as variantes que se poden obter, as utilidades, as funcións…
    Sobre a morte anticipada de Dolly,pois era unha ovella da raza Finn Dorset que ten unha esperanza de vida cerca de 11 ou 12 anos, encontrin diferentes teorías. A máis especualda é, a mencionado no post.Aínda que isa é a máis aceptada por todos, alguns din que a necropsia,a “autopsia” en animais, mostrou que tiña unha forma de cáncer de pulmón chamada Jaagsiekte, que é unha enfermidade común en ovellas. Os técnicos de Roslin non puideron confirmar que houbera unha conexión entre esta morte prematura e o ser clon, pois outras ovellas da mesma manada sufreron e morreron da mesma enfermedade. É posible. Non encontrín ningunhas probas que revatiran esta hipotesis.
    Sobre o comentario de Noelia, ha información que recopilin sobre o tema explica que o que proyecto consta da clonación dunha serie de especies, femias e machos, para que a reproducción sea posible. Pero, como xa observamos, moitas veces a reproducción elixe a parexa adecuada, o forte co que pode haber unha mellor descendencia etc. E se non elixiran o macho clonado ou viceversa? Non é posible? Ademáis, o da extinción considero que é “inminente”. As especies adapatanse o entorno propio da especie, polo que ainda que clonemos moitos osos polares, se se desconxela o Ártico, non teran onde vivir, é volveranse extinguir, por exemplo.
    Da clonación, como dixen o principio, é algo curioso, polo que danse casos curiosos nos seus experimentos como: a clonación de dous gatos con pel fluorescente por uns científicos de Corea,cientificos japoneses que levan a cabo a experimentación de clonar a un bebe mamut, unha empresa de EE.UU vende o primer gato clonado por encargo a partir do ADN dunha mascota xa falecida, o outro can con pel flourescente chamado Ruppy.

  16. lauragon.aso4b di:

    Eu non estou a favor da clonación, se sae ben pode ser proveitoso e interesante , pero si sae mal pasarialle como a dolly, estaria sufrindo e xa en pouco tempo sacrificala. E eu persoalmente non me gustaria ter un clon.

  17. fatima.aso4b di:

    Polo que atopei, no que se refire á clonación de animais, parece que xa se está a empregar nalgúns, como por exemplo, coellos, ovellas e vacas. O motivo principal polo cal se clonan, é que teñen un xen específico para producir unha sustancia interesante no campo terapéutico, xa que son capaces de producir no leite ou no sangue unhas “moléculas-medicamentos”, como os anticorpos ou as encimas coagulantes do sangue. Ademais disto, comentamos o estudio da clonación como medio para evitar a desaparición de certas especies animais. Isto, polo de agora só é unha teoría, aínda non se pode poñer en práctica polo simple feito de que para iso, se necestitan moitas femias de cada especie e, non se pode correr o risco de utilizalas para este proxecto si cabe a posibilidade de que non saia ben, polo que en vez de solucionar o problema, estariamolo facendo peor.
    Por outro lado, parece que hai bastantes posibilidades de empregala clonación para persoas con algunha enfermidade, como o Parkinson. Normalmente, empregábanse células de embrións procedentes de abortos, pero non servían porque eran rexeitadas polo sistema inmunitario dos enfermos. Agora, o que se intenta conseguir coa clonación é usar as propias células do enfermo, para formar os texidos ou órganos que precise, xa que desta maneira, non serían rexeitados polo sistema inmunitario. Pero isto só é unha teoría que se está investigando, e a pesar de que ten unhas perspectivas moi alentadoras, aínda non é totalmente fiable.
    Persoalmente, a clonación, paréceme un tema bastante curioso e, penso que gracias a ela lograremos evitar moitos problemas de saúde ou, en caso de que xa os teñamos, poderá axudar a atoparlles unha cura

  18. Isaac di:

    Vamos por partes:

    Elisa: No que comentas en referencia a clonación de especies extintas sobre machos e femias non entendín nada, agora ben o que dis sobre o mantemento de especies mediante clonación non soluciona a desaparición do seu hábitat estás moi acertada. A clonación non sería unha solución salvo para manter uns poucos exemplares como pezas de museo, e iso carece de sentido.

    Laura, ninguén está falando desta técnica como algo definitivo, habería que perfeccionala, pero en ningún caso está orientada a clonación reprodutiva humana, ningún científico serio pretende obter clons humanos completos, pensei que iso quedara claro en clase.

    Fátima: interesante o que dis, seguramente a algún de vós en algunha ocasión puxéronvos a antitetánica despois de facervos unha ferida, en realidade trátase dunha inoculación de anticorpos producidos por un animal de grandes dimensións, tipo vaca ou cabalo.

    Un consello, procurade ser un pouco máis breves.

  19. jhonatan.aso4b di:

    Na parte de intentar clonar ós animais extintas sería interesante xa que podríamos notar os cambios de alimentación e da forma dos animais de antes ós de agora,pero na humana na miña opinión sería un fracaso xa que poderían haber máis persoas pero habería xente igual que ti e cos mesmos gustos

  20. joseph.aso4b di:

    Isto das clonacións animais podería ser un gran beneficio, xa que permitiría “crear” animais con mellor produción de leite, carne ou lana. Entón, estes animais poderían clonarse para obter rebaños de bo producto. Grazas á manipulación xenética, a leite de cabras e vacas podería producir proteínas para o tratamentos de enfermidades humanas.

  21. elisa.aso4a di:

    No meu comentario refirome a que xa comentamos moitas veces que inconscientemente buscamos a parella para reproducirse mais forte, mais rapido… E se estas clonacions, poderian forzarse a reproduccion? Ademais, non habria problemas xeneticos polo similiar ADN? Os coñecidos problemas da reproduccion entre familiares… Non son posibles estos feitos?

  22. Isaac di:

    Recuperar unha especie extinta a partir do ADN duns poucos individuos non proporcionaría diversidade, e polo tanto non sería viable polo que Elisa comenta. A diversidade xenética dentro dunha especie é fundamental para a súa supervivencia. Por este motivo a clonación non sería aplicable neste caso.

  23. anton.aso4b di:

    Eu creo que a clonación pode ser boa, no aspecto de si se puideran clonar órganos. Xa que gracias a isto as persoas que necesitasen un órgano con unhas características especificas podíano ter sen dificultade. Polo que puiden leer en algún artigo a clonación de órganos podría ser unha rutina en 2020.
    Sen embargo a clonación humana non a vexo necesaria, porque creo que xa hai bastantes persoas no mundo como para poñerse a clonar a máis persoas.

  24. martincorb.aso4a di:

    compañeiros sinceramente creedes que a clonación e algo en estos momentos viable,ou de algún valor aparte de comercial?.Eu creo que a clonación dun animal non serve para nada,e menos a dunha persoa xa que se violan nelo todos os principais dereitos humans.¿por que creedes que existe ese interese que teñen algunhas persoas de clonarse? o tema da clonación de órganos realmente vos parece útil? vamos a ver,se un órgano esta danado e ten a necesidade de ser reemplazado de que vale que o clones se seguira sendo un organo enfermo? creo que a clonacion foi algo que a maioria da xente non supo interpretar ben e creeu que seria algo realmente innovador,abanzado…(diso a sua fama)pode ser,pero,de que valen estas imvestigacions…se o final existe un vacio legal e moral na clonacion

  25. martincorb.aso4a di:

    unha pregunta para isaac:
    se unha persoa de 30 anos supostamente e clonada,cando o clon teña 18 anos sera igual que a persoa con 18 tamen?¿

  26. Isaac di:

    Martín, un órgano pode estar danado por un traumatismo, algo moi frecuente despois dun accidente de tráfico, por unha enfermidade non hereditaria, ou por malos hábitos, caso da cirrose hepática derivada dun consumo excesivo de alcol. Nestes casos obter un órgano semellante ao orixinal sería a mellor solución.

    En referencia a túa segunda pregunta, recordarvos que nós somos o resultado do noso xenoma e a influencia do ambiente. Como exemplo dicir que hai moitos casos de xemelgos idénticos que foron separados e dados en adopción a familias diferentes, en diferentes lugares, con diferentes contornos, e distinta educación. Evidentemente o seu xenoma seguirá sendo o mesmo, e terán entre ambos grandes parecidos, pero tamén pode haber diferenzas.

  27. Isaac di:

    Pensei que atopariades algo sobre isto. O ano pasado unha multimillonaria estadounidense pagou unha cifra astronómica por clonar ao seu can falecido. O resultado foron cinco canciños xeneticamente iguais á difunta mascota. Parécevos admisible este tipo de negocios e o uso de esta técnica con fin comerciais?

Deixa unha resposta