O que non era, agora é

O ciclón Xyntia

A  cicloxénese explosiva é a xeración dun centro de baixas presións moi profunda Como pode ser, que o que antes era inhabitual e típico do dunha forma súpeta e unha evolución moi rápida, non é moi frecuente na nosa zona, pero recentemente produciuse unha que xerou un ciclón extra-tropical  bautizado como Xynthia.

Entrou na península o pasado sábado 27 de febreiro pola tarde ao Norte de Lisboa e saleu o domingo pola maña pola cornisa cantábrica. Canarias foi a primeira comunidade española en sufrilo. En Galicia, a Xunta activou a alerta vermella. O momento mais peligroso foi entre as 12 do mediodia ata medianoite, onde rexistraron ventos de 196 kilometros no concello ourensán de Lardeira, e no litoral as ondas foron de entre 4 e 6 metros de altura, acompañado dunha brusca subida dos termómetros de entre 3 e 5 grados.

En España, o paso do Xyntia deixou tres victimas mortales e cuantiosos danos. Galicia, o luns 29 de febreiro ainda reparaba o costoso temporal.

Aquí vos engado un video feito por uns aficionados mostrando a forza deste fenómeno.

 

Aínda que non é a primeira vez que ocorre. É recente o caso do ciclón extratropical Klaus, fai xa un ano, onde se rexistraron ventos de máis de 190 Km/h na estación meteorolóxica de Estaca de Bares, como recollía o diario La Voz de Galicia. En Galicia, o temporal deixou dúas mortes e docenas de localidades sen luz. Outros ciclóns históricos que deixaron a súa pegada en Galicia foron  o Hortensia ou o Gordon, se ben estes eran en realidade restos de ciclóns tropicais que atravesaron o Atlántico.

O que antes non era tan frecuente agora  faise habitual?  Podemos explicalo co cambio climático? Opinen.

Autor: Elisa Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

13 Responses to O que non era, agora é

  1. joseph.aso4b di:

    O ciclón extratropical Xynthia foi un ciclón de latitudes medias que se orixinou no océano Atlántico. O vento asociado á depresión alcanzou ventos de forza 2-3 (maiores a 180km/h) de acordo á escala de Saffir-Simpson en varios puntos de España e Francia. A pesar de haber perdido toda característica tropical, o ciclón Xynthia experimento un proceso de cicloxénesis explosiva a seu paso por Madeira en seu avance cara a leste, reduciendo drásticamentea a presión do sistema.

  2. sofia.aso4b di:

    Eu penso que non é nada ao que non estemos habituados na nosa comunidade, posto que os temporais son moi normales e frecuentes no inverno.
    O que pasa nos últimos anos, é que o medo ao descoñecido, fai que as autoridades tomen medidas, na maioría dos casos, extremas, que fan que a poboación estea asustada, posto que os medios de comunicación tamén poñen o listón do desastre moi alto. Ben é certo que previr é mellor que lamentar, pero opino que non se debe esaxerar.
    Tamén é verdade que o tempo está cambiando, e que estes “ciclóns” poden ser, nalgúns casos, produto deste cambio evidente.

  3. martinblan.aso4a di:

    Eu creo que, indudablemente, estes fenómenos acentuáronse debido ao cambio climático.

    Seguramente teremos mais ciclóns deste tipo, e probablemente incluso mais fortes dos que xa tivemos se o cambio climático segue empeorando. Polo tanto, temos que ser conscientes e estar preparados para estes fenómenos, xa que causan moitos estragos.

  4. miguel.aso4b di:

    Paréceme que estes feitos, ainda que aquí na nosa zona se nota menos, porque estamos acostumados a este clima de tormentas e vendavais, están a cambiar indubidablemente. Agora poden aparecer casos aislados, pero, dentro duns anos, as vidas de todos nós veranse condicionadas por sucesos coma este ou peores, polo tanto debemos facer todo o posible por contrarrestalo, e os políticos dos grandes países e os países emerxentes terían que ser os primeiros en aceptalo, basando as súas industrias e economías nas enerxías sostibles e comprometendose a facer todo o posible contra o cambio climático. Mais está claro que non o farán, influenciados pola sociedade consumista e capitalista na que vivimos que xa case é mundial e está claramente relacionada coa contaminación.

  5. silvia.aso4a di:

    bueno, eu creo que ese anticiclón non foi nada comparado con outros temporais, sei que non ven moito o conto pero miña nai dixo que os meteorólogos déronlle máis bombo no que en realidade foi polo menos nesta zona, e eu creo que anque noutros sitios houbese desperfectos non foron moi graves (dentro dos límites), creo que houbo temporais peores, e que por non haber información causaron desperfectos moitos peores. a verdade por culpa das persoas a terra está sufrindo consecuencias moi graves e nos o vivir nelaestamos vendo pouco a pouco como a estamos matando. Espero que todo o que estamos vendo que ocorre na terra que máis que nada é a nosa casa, o sepamos levar a un límitre de solución, para que as cousas non vaian a peor, eso espero. Elisa, moi wai a entrada, está moi ben elavorada, parabéns.

  6. angel.aso4a di:

    Martín estou totalmente de acordo contigo.

  7. fatima.aso4b di:

    Eu penso, que o temporal Xynthia, sí foi algo fora do normal; estou de acordo cos meus compañeiros en que quizais, na nosa zona non foi demasiado forte, pero houbo lugares, como por exemplo, Vigo, en que se rexistraron ventos de 147km/h. De tódalas maneiras, polos datos que atopei buscando información sobre o cambio climático, aínda que este temporal non fora nada espectacular, ímonos ter que acostumar á idea de que si non se toman medidas, cada vez os temporais serán peores, ó igual que o resto do clima.

  8. daniel.aso4a di:

    Eu realmente creo que non foi tan brutal como se dí, cabe dicir que non é de todo normal pero tampouco é algo fora de serie…
    Xa en 2008 creo recordar tivemos un temporal con rachas de casi 200km/h.
    Destacar que polo que se ve o cambio climático está ahí, terremotos, tsunamis, temporais, etc…

  9. rebeca.aso4a di:

    Estou totalmente de acordo con Sofía, nós estamos habituados aos temporais, pero tamén creo que como consecuencia do cambio climático isto vaise acentuar. Neses días activouse a alerta vermella e preocupouse a todo o mundo, pero ó final non foi como se pensaba, mellor é así, e tocoulle máis a Francia que a nós, tamén pudo ter algo que ver que non estaban tan alerta coma nós. Por iso, aínda que ó final non fora o que se esperaba, sempre é mellor tomar precaucións.

  10. Isaac di:

    É certo que o noso inverno caracterízase pola chegada relativamente frecuente de temporais procedentes do Atlántico, pero se atendemos aos datos referentes á velocidade do vento, os dos últimos anos superan por moito os máximos que se tiñan rexistrado con anterioridade.

    Agora ben, para afirmar que todo isto é consecuencia do cambio climático haberá que esperar e observar nos próximos anos para ver se isto vaise facendo máis habitual. O certo é que esa posibilidade si que está contemplada nas previsións dos modelos matemáticos que simulan os escenarios posibles do cambio climático.

  11. anton.aso4b di:

    Eu creo que na nosa zona xa estamos afeitos a isto. Pero o grave do asunto e que segue avendo mortes, deberían preparar todas instalacións de Galicia contra estos fenómenos, asi creo que poderiamos evitar mortes, estar sen luz, ou de destruccións rurais.

  12. lourdes.aso4a di:

    Non creo que se deba asociar ó cambio climático este temporal. Hai que ver como os seguintes anos se presentan os novos temporais na nosa zona e comparalos cos anteriores.
    Creo convinte informar a poboación do que poida suceder, ainda que logo os danos non sexan tan graves.
    Sempre merece a pena pecar por informar e que sexan as personas as que se arrisquen sabendo ó que se poden expoñer.
    A información ten que primar sempre.

  13. elisa.aso4a di:

    Eu opino que os datos non minten e este foi un temporal o suficientemente perigoso. O de se esta relacionado co cambio climático ou non, eu creo que se é un temporal cercano o trópico, que fai aquí? Pode que ocurra unha vez, pero nos ultimos anos faise demasiado frecuente.

Deixa unha resposta