Qué estamos a provocar?

                                                 

A pesar de que o clima da terra xa cambiara en moitas ocasións, nunca se dera un cambio tan drástico e perigoso como o que estamos vivindo agora.

  Os climatólogos que manteñen informada ao Panel Intergubernamental sobre o cambio climático, afirman que o quentamento global está causado principalmente pola actividade humana. Si se continúa a este ritmo, acabaremos duplicando a concentración de CO 2 que hai na atmosfera, o que provocará o aumento da temperatura global entre 1.5 e 3.5ºC . Este feito traerá con el consecuencias de todo tipo: no desxeo, nos océanos, no vapor de auga, nas nubes, nos cambios de vexetación…Todo isto, causará un gran impacto no ecosistema. Un exemplo concreto que vos podo dar, é que por culpa deste cambio climático, a supervivencia do oso polar estase complicando cada vez máis.

    Estes datos do cambio que se están empezando a producir no clima, pódennos parecer insignificantes, pero para comprender mellor o que supoñen, expóñovos aquí algunhas das consecuencias que conlevarán:

  -Os desertos serán máis cálidos pero non máis húmidos, o que provocará unhas consecuencias graves, especialmente en África e Oriente Medio. Ademáis, poderían perderse moitas terras de cultivos, ó converterse en desertos.

  -A metade dos glaciares afundiranse e como o 11% da superficie terrestre é xeo, provocará un aumento do nivel do mar entre 0.4 e 0.65, polo que desaparecerán algunhas illas, así como algunhas zonas costeiras.

  -As precipitacións aumentarán entre un 3 e un 15%.

Concretamente en España, os cambios que máis se notarán, serán as choivas torrenciais, máis olas de calor, o aumento da salinidade do mar e unhas nevadas menos copiosas.

  Por outro lado, a pesar de ser o país industrializado da UE onde máis aumentaron as emisións de gases de efecto invernadoiro, os españois, estamos entre os europeos menos informados sobre o cambio climático.

Estamos a tempo para poñerlle remedio?


Autor: Fátima

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to Qué estamos a provocar?

  1. martinblan.aso4a di:

    Eu creo que a tempo estamos, pero eso significaría un gran cambio no mundo actual e na vida do ser humano.
    Todos somos conscientes dos problemas que estamos a causar dende fai longo tempo, pero nunca pensamos en cambiar para evitalo, preferimos vivir sen problemas, e de forma egoísta, vivir o presente sen pensar no futuro.

  2. lauragon.aso4b di:

    sempre estivemos a tempo de poñerlle remedio, pero nunca se fai, por como poida cambiar a nosa vida. Non queremos que esto cambie por temor a que teñamos que vivir peor.

  3. daniel.aso4a di:

    Todos, no fondo o queremos cambiar… pero é algo case imposible de cambiar xa que iso supondría eliminar industrias, deixar de utilizar fontes de enerxía non-renovables,etc.
    En definitiva… xa é tarde.

  4. anton.aso4b di:

    Eu creo que a solucións podría ser buscar outras fontes de enerxía que fosen renovables, é menos contaminantes con isto reduciriamos bastante a emisión de CO 2. Podíamos conseguir isto explotando máis a enerxía da natureza como o vento, o sol, o movemento do mar,…

  5. joseph.aso4b di:

    Eu creo que aún estamos a tempo para darlle unha solución a este problema, poderíamos aumentar a eficiencia enerxética, fabricar mellores coches, acudir á enerxía renovable e aos bíocombustibles e tamén eliminar o carbono de os combustibles fósiles. Pero claro, todo isto sería un cambio moi drástico para o ser humano e un proceso moi lento para poder solucionarlo en todo o mundo.

  6. adriana.aso4b di:

    O cambio climático, é algo que nos afecta a todos, algúns paises teñen mais culpa ca outros pero o final todos vamos sair afectados de igual forma.
    Inda estamos a tempo de cambiar as espectativas de futuro,pero ten que ser xa.
    O maior problema é que a maioria de xente non quere nin facer un esforzo por axudar xa que esto faria que todos tivesemos que empezar a renunciar a moitas cousas…
    Pero peor sería ter que ver co paso do tempo as cousas que vamos ter que deixar por culpa do cambio climático.
    Tamén as especies saen afectadas como xa di Isaac no caso do oso, pero teño una duda
    Se as temperaturas están a subir porque os invernos son mais frios ca outros anos?

  7. gabriel.aso4b di:

    Eu penso que aínda estamos a tempo, pero para conseguilo temos que aceptar unha serie de cambios imprescindibles e tódalas persoas queremos acabar con este gran problema.
    Máis vale previr cando estamos a tempo, que lamentar cando non teñamos opcións de solucionalo.

  8. micael.aso4a di:

    O “bo” do petróleo así como de outras fontes de enerxía prexudiciais para o medio ambiente é que se esgotaran. Aínda que nos non vaiamos a cambiar drásticamente o noso estilo de vida coa continua aportación de enerxías renovables polo menos vamos “adaptándonos”. O día que se esgoten o dano xa estará feito, moitas especies extintas e o relevo global afectado pero se hai algo que se pode repite o longo da historia é que a fauna e a flora sempre conseguen adaptarse o cambio no medio, e todo seguira adiante.

  9. micael.aso4a di:

    Gustariame engadir unha cousa,cando falades de cambio climatico pensades nas enerxias non renovables pero o que fai máis perigoso todo isto son as defoorestacións masivas que fan ainda máis vulnerable o medio ambiente e reduce a eliminacion de CO2.

  10. angel.aso4a di:

    A min pareceme que si que podemos invertir esta situación, pero hai que facer cambios que a maioría da xente non aceptaría, xa que estamos acostumbrados a moitas cousas prescindibles sin as que non imaxinamos a vida, e non solo debemos pensar que esta situación ten que ser cambiada polos políticos, expertos no tema… si non que todos temos que aportar o que poidamos.

  11. sara.aso4a di:

    Sinceramente, eu penso que a xente non reacciona a isto, porque non ten realmente asimiliadas as consecuencias que o cambio climático pode acarrearlles. Por máis carteis, pancartas e demais cousas que fagamos, penso que hasta que non suceda algo do que poidamos arrepentirnos, a xente quedarase indiferente. É certo que hai moita xente que é consciente disto, e quere remedialo, pero unha soa persoa non cambia o mundo, nin dúas… Para reaccionar ao cambio climático e saír victoriosos necesitamos a axuda da maior parte do planeta.

  12. sofia.aso4b di:

    Eu creo que nunca é tarde para remediar erros do pasado, pero todo ten un límite, para frear isto deberiamos empezar xa, sen máis demora, pero como é prácticamente imposible, creo que a aceptación de que temos un grave problema sen solución é mundial.

  13. martincorb.aso4a di:

    por distintos motivos o ser human sempre busca a solución que cree mellor para el ou para os seus achegados. Paradaxicamente no cambio climático non sucede isto.¿que e o que pasa enton? o problema e que un mundo sen contaminación non seria cómodo nin tan productivo,e os paises en vías de desenvolvemento non poderían continuar coa súa progresiva modernización.Eu estou con dani e creo que no momento no que sea irreversible será cando realmente interese acabar con el.Por ahora a maioría da xente lamentase pero tampouco pon da súa parte

  14. Isaac di:

    Os expertos en economía din que se o crecemento do PIB dun país está por debaixo do 2% anual destrúese emprego. Agora ben, a maior parte das veces o crecemento por riba dese 2% o que destrúe é o medio ambiente.

    Que preferimos? Podemos cambiar o modelo económico?

    Que é o desenvolvemento sostible? Credes que é posible?

  15. martincorb.aso4a di:

    creo que hai moita xente que quere cambiar e deixar de contaminar ao nivel actual,pero ao mesmo tempo non renunciarian a un coche,a ter a casa sempre quente… e aos pequenos detalles que fan un conxunto letal para o medio ambiente.O capitalismo esta xa demasiado instaurado.Unha das suas leis e: a procura de maximo beneficio,e para isto non dudaran en contaminar.Por outra banda estan os politicos que inventan leis que supostamente son para frenar o cambio climatico,pero son demasiado flexibles,e moitos empresarios prefiren pagar as multas que deixar de contaminar e dicir producir

  16. silvia.aso4a di:

    penso que a xente está xa aburrida de escoitar de que gracias a todos se está cambiando o clima, e a causa de eso estase a destruir a terra, o que pasa que como todo,ata que se perde, un non sabe o que ten,pero como din as persoas maiores todo ten solución menos a morte, e isto, tamén, pero non sei a que estamos esperando… Por outra banda o ser humano interésase pola economía dun país máis que pola terra onde se vive, e vexo unha burrada porque se non existise a terra non existirían as persoas, e tampouco a economía. O modelo económico si que se pode cambiar, a causa e querer cambialo. O movemento sostible é o movemento político que defende a protección do medio ambiente para satisfacer a necesidade humana. O movemento sostible si que é posible, so coidamos o medio natural, polo turismo, pola economía dun país, moitos ven a terra como un banco, como unha medida de gañar cartos, pero non a ven como algo que si non existise non estaríamos aquí…

  17. elisa.aso4a di:

    O primeiro que necesitamos para este cambio que debemos ter, e que toda a xente recoñeza que esta habendo un cambio climático. Porque ainda quedan persoas que non o recoñecen aínda que temos fotografias tan explicitas, como as presentadas por Fátima, que o demostran.
    Para parar isto, so hai que cambiar, que non é nada fácil. Concienciar a xente para levar un modo de vida que nunca levaron e costoso en todos os sentidos. Pero debemos intentalo, porque o fin e o cabo, se o planeta morre, nos morremos con el.

Deixa unha resposta