A extinción que chega do mar

imagen

Os científicos cren que desde a aparíción da vida na Terra hai 3800 millóns de anos, puideron desencadearse 23 extincións masivas. Estas adóitanse considerar como o resultado de impactos de asteroides contra a Terra ou do escurecemento da atmosfera provocado por supervolcáns. Ata o de agora ninguén consideraba a posibilidade de que a orixe de moitas destas extincións estivera nos océanos.

Con todo, un novo estudo suxire que sí, puido ser  o océano, e en particular os grandes cambios no seu nivel e nos seus sedimentos no transcurso de longos períodos de tempo, a causa primaria de extincións masivas periódicas nos últimos 500 millóns de anos. “As expansións e contraccións desas contornas teñen profundos efectos sobre a vida na Terra”, subliña Shanan Peters, profesor de Xeoloxía e Xeofísica na Universidade de Wisconsin-Madison. A idea xeral é que os cambios relacionados co nivel do mar exercen, nos ecosistemas mariños, unha influencia sobre as taxas de extinción polas cales as especies de animais ou de vexetais sobreviven ou desaparecen. Isto prodúcese como consecuencia de que os océanos do mundo expandíronse e contraéronse en resposta ao deslizamiento das placas tectónicas da Terra e aos cambios climáticos.

Ademais, na actualidade a crecente acidez dos océanos amenaza con causar unha extinción en masa da fauna mariña, según Turley, oceanógrafa do Laboratorio Mariño de Plymouth (Inglaterra), xa que “o ritmo de cambio da composición dos océanos é o maior dende a era dos dinosaurios”. Turley recordou que dende a Revolución Industrial as emisións de dióxido de carbono (CO2) incrementaron un 30 % o nivel de acidez dos océanos. O problema é especialmente grave no caso dos crustáceos e de especies como a estrella de mar, que podería desaparecer para finais do século XXI, si se mantén a tendencia actual de emisións contaminantes.

Autor: Sara

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to A extinción que chega do mar

  1. daniel.aso4a di:

    Eu creo que con dedicación ao tema e centrandose no que hai que facer profundamente, isto pode ser solucionado.
    O problema e que se non se comeza dende agora mesmo, logo xa será case imposible encontrar unha solución ao tema do cambio climático e a extinción.

  2. sofia.aso4b di:

    Como dixen na entrada de Fátima, temos que poñerlle remedio a todo isto inmediatamente, e sucesos como a chuvia ácida poden ser tamen evitados se poñemos algo da nosa parte.

  3. arantxa.aso4a di:

    Un cambio climático puido ser a causa dunha extinción masiva de especies de fai de millóns de anos e isto precisa dun remedio.

  4. Isaac di:

    Sofía, as boas intencións normalmente non son suficientes. Xa que falas de evitar a chuvia ácida, cal é a súa causa?

  5. sara.aso4a di:

    A choiva ácida, segun me informei, dase sobretodo polas emisións dos volcáns e procesos biolóxicos que ocorren nos solos, pantanos e océanos. As principais fontes humanas deses gases son industrias, vehículos de transporte…

  6. lourdes.aso4a di:

    Este problema empezou a acentuarse na Revolución Industrial(onde empeza haber innovacions tanto nos transportes coma na maquinaria).
    A choiva ácida ten unha mezcla de auga con substancias químicas provintes das centrais térmicas.
    Unha das solución pode ser (para as augas subterráneas)colocar un filtro e así poder actuar como neutralizante nos lagos e correntes de auga.
    Pero se falamos de cara os océanos o problema é moito maior xa que estamos a falar de algo moi custoso ainda que sexa eficaz.
    Isto terá as consecuencias de sempre: moitas zonas pagaran os males que outras estan a causar( pola emisión do dióxido de carbono).

  7. Isaac di:

    Efectivamente, Lourdes, a orixe da chuvia ácida está en reaccións químicas entre a auga presente na atmosfera e substancias emitidas como consecuencia da combustión de combustibles fósiles, principalmente carbón en centrais térmicas.

    Por outra banda, Sofia, non hai ningún proceso biolóxico que potencialmente poida causar chuvia ácida, e aínda que é certo que as emisións gasosas dos volcáns poden xerar chuvia ácida, estas non son a causa das chuvias ácidas frecuentes en países desenvolvidos como os Estados Unidos, Europa ou ultimamente en China.

  8. samuel.aso4a di:

    É moi dificil porlle unha solución o problema do cal estamos a falar, a xente xa é coñecedora dos efectos perxudiciais e tamén din que hai que arranxalo canto antes; pero no momento de comezar prefiren darlle carpetazo. Eu quero que os meus netos poidan probar o delicioso centolo da nosa Ría de Arousa.

  9. silvia.aso4a di:

    Os océanos non so absorben esa terceira parte de CO2, hoxe en día moi cerca de nos, vemos como as fábricas enchen de porquería as rías, as praias…, os barcos afundidos no mar que verten sustancias tóxicas… que todo isto, no mar, evapórase e axuda moito o destruimento do planeta. Como di Lourdes, si quixéramos, non só o mar estaría máis limpo se non todo o medio natural que nos rodea a nos e o mundo enteiro…creo que si nos non arreglamos isto canto antes e poñémoslle parada a isto…os nosos fillos e moito menos os nosos netos, poderán ver e disfrutar do que antes e bastante menos agora estamos acostumbrados a ver, e que como ano a ano, o estamos vendo marchar e non queremos, porque a verdade e que non queremos axudar a arreglalo…

  10. elisa.aso4a di:

    Como todo os problemas, o primeiro e a concienciacion humana e o cambio de actitude pola súa parte. Este proceso que di Sara, xa existinguiu a outras especies, porque non poderia extinguir a nosa? Ademais, nos incrementamos a chuvia acida emitindo gases que se mezclan coa auga. As outras especies non incrementaban o problema, nos si. Isto é perigoso e temos que ser consciente das repercusions que estamos facendo o noso ecosistema.

  11. eloy.aso4a di:

    Como di Silvia, o problema non só se atopa na chuvia ácida, senón tamén outros elementos axudan a que aumente esta acidez. A solución a isto, como a moitas outras cousas, é que os cidadáns se conciencen deste problema, para saber como paralo, coma eu, que non sabía que esistía esta gran problema ata ler o artigo de Sara.
    Como sempre a xente, facendo moi pouco, cos métodos ecolóxicos de toda a vida, pode parar este problema. A opción de Lourdes só se podería utilizar como último recurso, se todas as demais fallan.

Deixa unha resposta