A vida é cambiar

imagen

Os ecosistemas tenden a un estado de equilibrio ou estabilidade no que se producen poucos cambios. Pero ó longo da historia da Terra producíronse cambios bruscos que afectaron de forma global a todo o planeta. Por exemplo:

–       As glaciacións que cubrirons de xeo grandes extensions da Terra. Estes prolongados períodos de arrefriamento global afectaron os ecosistemas de todo o mundo. Moitas especies desapareceron e a distribución doutras moitas viuse condicionada.

–       Os efectos da caída dun meteorito, hai uns 65 millóns de anos, provocou a desaparición dos dinosaurios e de numerosas especies de plantas e doutros animais.

Será o cambio climático o seguinte cambio a nivel global? Os cambios que fai a acción humana , no chamado tempo social, so son un nun curto intervalo de tempo dalgúns anos ou décadas. Como no noso curto intervalo de tempo podemos afectar nos cambios de tempo xeolóxico ou o tempo biolóxico? Podemos velo como un cambio gradual ou catastrófico?

Aquí vos aporto unha presentación onde se explican os cambios naturais nos ecosistemas, en global, na Terra.

Autora: Elisa Durán Rubí

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

4 Responses to A vida é cambiar

  1. silvia.aso4a di:

    Eu creo que en todo o mundo, o cambio climático xa está colleitando a súa propia vinganza o cambio climático´estamolo vendo hoxe en día pero porque fai anos que estamos colleitando isto, unha matanza da nosa terra. eu vexo como un cambio catastrófico, porque todo o que se está destruíndo e todo o que está sucedendo na nosa terra é catastrófico, a xente está vendo esto como unha parbada, eu non.Eu penso que como isto siga así o mundo destruírase, e nos con el…

  2. sara.aso4a di:

    É probable que o próximo feito catastrófico que deberiamos salientar sexa o cambio climático. É o máis probable, aínda que todavía estamos en tempo de evitalo. Cousa que dudo, tal e como están as cousas… Ademais, xa hai tempo que se están notando os seus efectos:
    -O desxeo
    -Ésta nova variación da temperatura

    Se non poñenos da nosa parte, isto sólo non vai parar.

  3. noeliavaz.aso4a di:

    O seguinte cambio que estamos a piques de salientar posiblemente sexa o cambio climático xa que non estamos coidando o planeta e cada día estamolo a detruir máis e máis.Non facemos caso de moitas probas e estadisticas de científicos porque pensamos que están esaxerando pero o certo e que non.Como di a miña avoa as veces só se escoita o que se quere e non a realidade.

  4. cristina.aso4a di:

    O cambio climático é un feito que o podemos ir vendo día a día e que se non facemos algo por frealo non sei de verdade o que vai a pasar pero algo bo non creo que sea… Temos que poñer da nosa parte para ir freando e deixar que haxa vida durante moitos anos máis.

Deixa unha resposta