O coltán, unha guerra de interese

imagen

O coltán é un mineral formado pola combinación de columbita e tantalita, deste último extráese o tantalio, que ten propiedades físicas como resistencia á calor, e propiedades eléctricas únicas. polo que forma parte de case todos os circuítos electrónicos que podedes imaxinar como compoñente dos condensadores que regulan o tránsito de enerxía polos circuítos electrónicos. O tantalio é vital para a industria aeroespacial, de telecomunicacións, tecnoloxía militar, informática, telefonía, videoxogos, satélites, estacións e vehículos espaciais, misis, armas intelixentes, aceleradores de partículas, trens magnéticos, cirurxía…. Polo tanto, non sorprende que, nos últimos 10 anos, o coltán se convertese no obxectivo estratéxico das empresas de extracción mineira.

Case todo o coltan que os fabricantes utilizaban chegaba de Australia. Pero a  República Democrática do Congo ten o 80% das reservas mundiais estimadas deste mineral, onde a extracción do coltan condenou e prexudicou de forma máis ou menos directa a millóns de persoas e levou a destrución de grandes estensións de terreo eliminando o 80% do bosque tropical deste país.

As montañas orientais  do Congo son unha rexión de inmensa diversidade biolóxica onde viven moitos animais en alto perigo de extinción (hipopótamo, rinoceronte, bonobó, ocapi, e o gorila das montañas (Gorilla Bering). O Parque Nacional Virunga e os seus arredores, foron un dos lugares máis fermosos da Terra, pero a codicia de algunhas persoas e das empresas multinacionais, poden rapidamente acabar con ese paraíso e, por suposto, as especies que alí habitan.


As grandes multinacionais puxan para facerse co monopolio da súa produción. Para conseguilo, financian e  subministran armas aos señores da guerra para alimentar a mesma, estes explotan a homes, mulleres e nenos, pagando moi poucos cartos para que extraian coltán en penosas condicions. A Segunda Guerra do Congo xerou máis de 4 millóns de mortos, polo que foi o peor conflicto dende a Segunda Guerra Mundial.

Autor: Martín Corbelle

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to O coltán, unha guerra de interese

  1. samuel.aso4a di:

    Como un material de tal utilidade a nivel mundial pode ser extraído da terra dese xeito? Esclavizando, explotando e dunha maneira tan primitiva e insegura? E todo aínda por riba alimentado por unha guerra.

    Tan valioso é que incluso está presente no acelerador de partículas do que xa falamos e ata en naves e estacións espaciais e un material increíble.

    Aparte todo o que acabo de ler e informarme en todos os textos di que é un material imprescindíbel para a maioría dos circuitos actuais, polo tanto non hai outro material que poida substituílo e polo tanto seguirá a se extraer costando o esforzo e incluso a vida de miles de nenos que traballan horas e horas por unha misera moneda sen saber que o que estan quitando da terra ao mellor estará a miles de kilómetros por riba das súas cabezas nunha exploración espacial ou formando parte do meu móbil.

  2. Isaac di:

    Hai que ter en conta que gran parte do coltán é empregado na fabricación de móbiles, e pensade que este ben de consumo está sometido a unha renovación constante, que en moitas ocasións non obedece a introducíón de novos avances tecnolóxicos, senón a alimentar unha febre consumista que nos leva a renovar o móbil cando só ten uns meses e cubre perfeitamente as nosas necesidades.

    Pensade no contido deste post cando compredes o voso próximo móbil, videoconsola, portátil…

  3. noeliavaz.aso4a di:

    penso que ainda que é un material con moita utilidade non debe ser extraido dese xeito porque si se fixera iso con todo destruiriamos o planeta.
    Isto non so afecta o posible extinguimento deste material senón que tamén afecta as especies de animais que ali viven

Deixa unha resposta