CLIMÁNTICA TEN PREMIO


Durante a celebración do III Congreso de estudiantes CLMNTK que tivo lugar en Pontevedra dous dos traballos presentados por alumnos do IES Asorey resultaron premiados. Un deles correspondeu a tres alumnas de 4º ESO, Iria Duarte, Silvia García e Malena Sineiro polo vídeo que titularon “Está nas nosas mans” e que podedes ver aquí mesmo. Este premio consistiu nunha viaxe pola costa de Galicia visitando o Parque Nacional das Illas Atlánticas no barco veleiro “Nieves” durante cinco dias a finais do mes de Xuño. Para deixarnos unha testemouña da experiencia elas mesmas fixeron un vídeo que agora vos amosamos.


Esta entrada foi publicada en Eventos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta