SERENDIPIA

imagen

Ainda que o pareza, non se trata do título da canción rumbeira do verán, tampouco intentedes buscala no diccionario da RAE ou da RAG, xa que esta palabra aínda non esta admitida no castelán nen no galego. En realidade é unha derivación do neoloxísmo inglés “serendipity” acuñado polo escritor Horace Walpole en 1754 a raíz dun conto persa, na que os seus protagonistas, habitantes da illa de Serendip (actual Sri Lanka) superaban todo tipo de dificultades a través de incribles casualidades. Á espera de que os nosos diccionarios expliquen o seu significado podemos traducilo como un accidente con resultado afortunado. En máis dunha ocasión grandes descubrimentos científicos poden ser descritos como auténticas serendipias. Seguramente un dos mellores exemplos foi o descubrimento do primeiro antibiótico, a penicilina, por parte do científico escocés Alexander Fleming. O achádego foi debido a que uns cultivos bacterianos se lle contaminaron accidentalmente con un fungo, o Penicillium chrysogenum, o interesante deste feito foi que arredor das colonias deste fungo non medraban as bacterias, circunstancia que non pasou desapercibida para Fleming, que pensou que isto podería server para combater enfermidades causadas por bacterias.


Alexander Fleming foi galardonado en 1945 co premio Nobel de Medicina, para moitos grazas a un golpe de sorte, pero como dixo Louis Pasteur “o azar só favorece ás mentes preparadas“. Que opinades vos?

P.D.: Algúns aprobados tamén poderían ser calificados como serendipias, pero isto ocorre moi poucas veces, así que non vos confiedes e preparade as vosas mentes.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

6 Responses to SERENDIPIA

  1. aldara.aso4a di:

    Creo que o descubrimento de Alexander Fleming foi totalmente unha serendipia. Cando Alexander Fleming descubriu a pericilina, estaba a realizar varios experimentos. Ó inspeccionar os seus cultivos antes de tiralos, notou que un fungo medrara sen razón algunha. Máis tarde, observou y comprobou que as colonias bacterianas que estaban preto do fungo eran transparentes debido a unha lisis bacteriana. A lisis significaba a morte das bacterias patóxenas medradas na placa. El creu dende o principio neste descubrimento inda que seus amigos o subestimaron. E o seu primeiro descubrimento, a lisozima, descubriuna ó esbirrar sobre un experimento que estaba a facer. Esto demostra a gran capacidade de observación e intuición que tiña Alexander Fleming.

  2. Isaac di:

    A cuestión está en se Fleming tivo ou non mérito no seu descubrimento, ou só sorte. Por outra banda sería interesante buscar outros exemplos na historia da ciencia ou da tecnoloxía.

  3. aldara.aso4a di:

    Eu creo que foi só sorte. Se fose outra persoa posiblemente non se daría de conta dese detalle, e tiraría os experimentos. Pero fleming observounos e fixouse nese detalle que deu lugar ao descubrimento da pericilina.

  4. aleksei.aso4a di:

    Eu creo que non foi sorte. Como di Aldara se fora outra persoa tiraría os experimentos pero como foi él pois non os tirou xa que tiña uns estudios e era un gran investigador.

  5. Isaac di:

    Seguramente o mesmo que lle ocorreu a Fleming sucedeu anteriormente en moitas ocasións, sen que ninguén se decatase da súa importancia.

    Aldara, é bastante contradictorio o que dis, por unha banda afirmas que só foi sorte, pero por outra recoñeces que Fleming reparou na importancia do que significaba ese “accidente”.

    Sigo esperando por outras serendipias que deberíades atopar vos.

  6. lucia.aso4a di:

    A verdade é difícil responder a esa pregunta. Certo é que foi un golpe de sorte, pero a astucia que tivo Fleming en darse conta dese detalle levou a ese gran descubrimento.
    A serendipias son moi abundantes, tanto en ciencia, tecnoloxía ou noutro ámbito, pero tamén hai que ter astucia para darse conta deducir que dese “accidente” pode saír algo beneficioso, como lle pasou a Fleming. Moitos inventores recoñecen que os seus descubrimentos foron simples casualidades na maioría, como por exemplo o propio Einstein. Desta maneira, un dos feitos máis importantes de historia como foi o descubrimento de América tamén podería considerarse serendipia, xa que Colón descubriu América de casualidade, posto que ía buscando as Indias.

Deixa unha resposta