O Danubio en perigo

imagen

Un accidente nunha fábrica de aluminio en Hungría provocou un escape de “lodos vermellos”. Este residuo altamente contaminante, resultante da produción de aluminio a partir da bauxita, provocou unha auténtica ríada nos pobos máis cercanos á fábrica. Expertos en medioambiente din que  alí non se poderá levar ningún tipo de actividade ata dentro de moitos anos, cando o nivel de toxicidade baixe ata uns niveis compatible con unha vida saudable. O pH do auga cando se produciu o verquido era de 13, un nivel moi alto. O goberno de Hungría a día de hoxe confirmou que estes residuos chegaron ó Danubio pero con uns valores de pH inferiores a 9, polo tanto non tan prexudiciais, pero aínda elevados, e segue habendo perigo de contaminación mentres non se acaben as tarefas de limpeza que se están facendo a contrareloxo para que non cheguen máis reisduos a un dos ríos máis importantes de Europa, que poderá experimentar, de non atopar solucións a curto prazo, unha catastrofe ambiental que acabará coa maior parte da vida animal e vexetal. Actualmente estímase que a limpeza total da zona poderá durar un ano.


Autor: Aleksei

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.