Lodos vermellos tamén en Galicia

lodos_vermellos.JPG

 Todo o mundo fala da fuga dos lodos vermellos en Hungria. Pero ignoramos que temos unha balsa de lodos vermellos moito máis grande tamén aquí, en Galicia.  A fábrica de aluminio de Alcoa  situada entre os concellos de Cervo e Xove, na comarca da Mariña Luguesa, produce ester residuo a un ritmo de 4.500 toneladas ao día nunha balsa de 75 hectáreas y uns 80 metros de profundidade, que albergan un volume de residuos 7 veces superior ao da balsa que rompeu en Hungría. Soportaos un dique de 800 metros, se rompera todos estes lodos verteríanse ao mar. Nos seus arredores detectáronse niveis de flúor no gando vacún e no leite superiores ao legalmente permitido, polo que a empresa xa foi obrigada a indemnizar aos afectados, moitos destes veciños aseguran que non come nada que medre nas súas terras por medo á contaminación.

A dirección acordou trasladar a todos os habitantes da parroquia a un sitio parecido pero pasou o tempo e o pacto quedouse só en promesas. A balsa dos lodos segue alí, preto de moitas casas e tamén dunha piscifactoría de Pescanova.  Alcoa asegurou que os seus residuos non son perigosos nen contaminantes, xa que están nun estado semisólido, o que dificultaría o seu avance.

As administracións local e autonómica non teñen coñecemento do plan de emerxencia que a empresa afirma ter, se ben pola consideracion legal que teñen estes residuos non están obrigados a telo. E Alcoa asegura que a súa balsa está en perfecto estado, se ben a organización ecoloxista ADEGA afirma que se teñen detectado fisuras no dique.

imagen

Autor: Aldara

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.