Non atoparon nada mellor que facer

imagen

Do 8 ao 21 de novembro celébrase a Semana da Ciencia. Moitas das actividades que se realizarán estarán centradas en dar a coñecer as investigacións españolas en biodiversidade.

A ONU declarou que o 2010 sería o Ano Internacional da Biodiversidade (IYB), e por iso, se van a poñer en práctica diferentes iniciativas para difundir información, promover a protección da diversidade biolóxica, tomar medidas directas para reducir a perda desta, que de xeito imparable está a ocorrer en todo o mundo.

 

Un exemplo recente desta situación tivo lugar hai escasas semanas, segundo informou National Geographic o único exemplar coñecido de Rhinopithecus strykeri, especie de primates descuberta para a ciencia no pasado mes de outubro, foi atopado morto pouco despois do seu achádego.

 

Foi descuberto polos investigadores nas selvas de Myanmar (antiga Birmania), pero poucas horas despois uns cazadores da zona, que normalmente prefieren comer carne de oso, decidiron capturalo e logo comelo ao “non atopar nada mellor”.

 

Segundo os habitantes desta zona, que coñecían esta especie desde hai tempo, este primate estornuda con frecuencia xa que pola particular forma do seu nariz éntralle a auga con focilidade, polo que pasa os días de choiva coa cabeza entre os xeonllos. A poboación total deste simio estímase en pouco máis de 300 individuos.

 

Autor: María

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to Non atoparon nada mellor que facer

  1. lucia.aso4a di:

    Parece algo incrible que por saír de caza e non topar o que querían, matasen a un mono, que por outra parte non é demasiado habitual comelo. Se os cazadores eran da zona debían coñecer esta especie de primate, polo que tamén coñecerían que non é abundante. Penso que foron uns irresponsables e inconscientes. Sabendo en que situación se atopa esta especie sexan tan egoístas e matasen ao animal, pois se xa son poucos estes primates, con xente así conseguiremos que se extingan especies coma estas, de poucos membros, e moitas máis.

  2. nerea.aso4a di:

    ¿É non van realizar ningunha demanda contra os cazadores que mataron a este exemplar? Eu creo que xa que non é unha especie moi extendida deberían estar protexida para impedir a desaparición da especie. E, por outra banda, paréceme irresponsable a actitude dos cazadores. Unha cousa é cazar un animal que xa sabes que é abundante e outra cousa é cazar unha especie recén descuberta. A frase que utilizan de “non atopamos nada mellor´´non xustifica que sacrificaran a ese animal para logo comelo.

  3. aldara.aso4a di:

    Matar unha expecie en perigo de extinción é un delito coma outro calquera, ao igual que o maltrato de animáis.
    Agora que teñen descuberto este exemplar o que deberían facer é críalas en cautividade para aumentar o número de especies e asegurar a corto prazo a conservación do material xenético da especie; como o Lynx pardinus (lince Ibérico), outra especie en perigo de extinción.

  4. Isaac di:

    Hai que ter en conta que se trata dun país subdesenvolvido, gobernado por unha dictadura militar, no que a protección do medio ambiente non está entre as súas prioridades. Por outra banda, o hábitat desta especie son selvas de montaña poucos accesible polo que o seu control pode resultar difícil, por ese motivo tardaron tanto en descubrir esta especie.

    Loxicamente, debería existir unha lexislación internacional para protexer as especies en perigo de extinción e perseguir a súa caza, pero a súa aplicación resultaría complicada.

  5. laurarod.aso4a di:

    Páreceme egoísta e irresponsable, que polo motivo de caza se perda o último exemplar de unha especie. E peor aínda se poucos días antes se descubre e se fai público que é o único que queda.
    Estou de acordo con Nerea, acaso non deberían pagar esas “personas” por haber feito desaparecer definitivamente unha especie que ten tanto dereito a existir coma nós?
    Se segue habendo individuos desa clase cada vez haberá menos diversidade de especies e eso non pode ser bo para nadie.

  6. Isaac di:

    Laura, non era o único que quedaba, senón o que permitiu descubrir esta especie para a ciencia. Como se di no post, o número total de individuos desta especie estímase que está arredor dos 300 individuos.

    Por outra banda, non vos parece que certos comportamentos como a sobrepesca, a caza deportiva ou os incendios forestais poñen en perigo a biodiversidade do noso contorno máis próximo?

  7. breixo.aso4a di:

    En parte e verdade que non estivo ben pero eles non eran conscientes. No post di que os cidadans xa coñecian a especie dende hai tempo polo cal nonsabian nin que era unha especie sen descubrir nin que so había 300 exemplares e se estan pasando fame nese pais subdesenvolvido o que xustifica que o matasen xa que o fin e o cabo non deixamos de ser coma calquera outro animal xa que todos comemos para sobrevivir.

  8. aldara.aso4a di:

    Como dixo Isaac, na selva do Amazonas estase a dar unha gran desforestación, e nesta selva aínda hai moitas especies que non se clasificaron, miles especies de aves, inumerables anfibios e millóns de insectos e seguro que moitos deles xa se extinguiron. Un 20% das especies mundiais de aves e plantas atópase no bosque amazónico, pero cada ano desaparecen máis de 2.000 especies. Isto quere decir que na selva amazónica estase a perder a biodiversidade.

  9. Isaac di:

    Como moi ben indica Breixo, non debemos criminalizar a uns cazadores, que probablemente só estaban buscando algo co que alimentarse. Pero a perda de diversidade biolóxica é real e ten culpables con nomes e apelidos, nós mesmos cando compramos especies que están en veda, ou exemplares por debaixo das tallas mínimas; cazadores que non respeitan especies protexidas, e non protexidas, simplemente por conseguir un trofeo en forma de animal morto, a empresas que contaminan e destrúen os hábitats de múltiples seres vivos e, por suposto, aos gobernos das distintas administracións que moitas veces non fan todo o que deberan.

    Pensade en actitudes que poñen en perigo a biodiversidade que podedes ver vos mesmos ao voso arredor e comentalo aquí.

  10. lucia.aso4a di:

    É certo que, ao ser un país subdesenvolvido, os cazadores non toparan nada e necesitaran comer, eles e a súa familia, mais aínda así, penso que o goberno debería ofrecerlles unha infornación sobre os animales aos que poden acceder e aos que non. Se os cazadores souberan que só existían 300 exemplares desta especie probablemente non o matarían e intentarían conseguir outro animal.
    Mais nos países desenvolvidos estes erros non soen producirse deste xeito, se non por irresponsabilidade dos cazadores, que non se preocupan da bioloxía existente nin da biodiversidadae.

  11. aleksei.aso4a di:

    Isto é unha barbaridade que se debería pagar con cargos xudiciais inda que sexa un país subdesenvolvido non podemos permitir que se extingan especies por non ter nada mellor que facer para comer. E o goberno é un irresponsable (como dixo Lucía anteriormente) que debería manter informados á poboación para a mellora da biodiversidade.

Deixa unha resposta