Mar (ou deserto) de Aral

imagen

O mar Aral veuse prexudicado dende 1960 pola Unión Sovietica a cal foi retirando auga para as suas plantacións de arroz , melocotón,  cereales e, sobre todo, algodón. Todo esto para duplicar a productividade e gañar en beneficios xa que para eles o mar Aral só era un fallo da natureza. A ambición da Unión Sovietica chegou tan loxe que en 1980 o mar comezou a reducirse entre 80 e 90 cm cada ano. A súa diminución progresiva fixo que o lago se dividira en dúas metades (1987). A parte sur do lago está totalmente desatendida, o cal levou a que actualmente estea desaparecendo máis rápido do previsto, xa que en funciónda da salinidade o lago esta dividido en dous a consecuenia do cal no verán só se quenta a parte superior o que fai máis rápida a sua evaporación.

A todo isto hai que engadirlle que o mar Aral contiña unha gran biodiversidade que se viu gravemente reducida. Este lago xa leva moito tempo reclamando atención, pero o goberno de Rusia, principal herdeiro da antiga Unión Soviética, parece dalo por perdido, a pesares de haber solucions posibles. Deste xeito o mar Aral esta sendo outra das victimas do home que parece non ter interese por solucionalo.


Autor: Breixo

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

8 Responses to Mar (ou deserto) de Aral

  1. Isaac di:

    Interesante tema que nos propón Breixo. Para facervos unha idea da escala real do problema procurade localizalo en GoogleEarth. Hai que recordar que o Mar de Aral é un lago salgado, e, como se di no post, a causa da súa destrución foi a intención de mellorar o rendemento agrícola na rexión, se ben os resultados non foron os esperados e de paso destruíuse un ecosistema único. Pero, de que xeito foise reducindo o volume e extensíón do que en tempos foi o lago salgado máis grande do planeta?

  2. lucia.aso4a di:

    Dende o meu punto de vista, non entendo e creo que ninguén tampouco, como un goberno coma o de Rusia, que actualmente non é un país subdesenvolvido permita estas accións. Non só porque me parece un acto moi egoísta, retirar auga deste lago salgado, o maior do mundo pra poder abastecer os seus principais cultivos. Se querían maior produción, tería que fabricar máis man de obra, ou buscar recursos noutroa lugares, non neste lago. Non sei como se puido permitir que o lago, co paso dos anos, chegase a extinguirse, xa que se o goberno, ou o responsable disto se interesase un pouco, podría terminar con esta práctica e actualmente o lago non sería un deserto.
    Dende o punto de vista da bioloxía, supón unha perda, xa que o que fora o lago de auga salgada máis grande do mundo, agora está deserto ; mais penso que a principal perda produciuse na extinción de diversas especies e ecosistemas adaptados ás condicións ambientais dadas nesta zona e que non eran moi comúns. Todo isto supón, novamente, unha redución da biodiversidada mundial.

  3. monica.aso4a di:

    Estou moi de acordo con Lucía. Vale Rusia é un país subdesenvolvido pero iso non se pode facer, destruír un espazo biolóxico para obter máis ganancias para o país,é moi inxusto. Podían obter por outras ideas para mellorar a produción ou buscar outros recursos, non da maneira que o fixeron porque téñense que dar conta que isto pode ter algo bo pero moitas consecuencias como a perda de moitas especies e ecosistemas que habitaban no mar e non eran tan comúns e que grazas a isto extinguíronse.

  4. Isaac di:

    Tede en conta que todo isto comeza nos tempos da Unión Soviética, un réxime totalitario que non daba conta do que facía ao seu pobo, que vivía sometido a unha total ausencia de democracia. Se na súa opinión iso era beneficioso levábano adiante sen reparar nos danos que podería causar. Certo é que continuo o proceso unha vez desaparecido o sistema comunista da Unión Soviética, pero Rusia e as outras repúblicas lindantes co mar de Aral non poden ser descritas como democracias homologables coas europeas.

    Insisto en preguntar: Como credes que o Mar de Aral foi perdendo extensión e volume?

  5. adriana.aso4a di:

    Estou dacordo con Lucia e Mónica se Rusia é un pais desenvolvido como non se preocupou antes de poder recuperar este mar. Xa se propuxeron algunhas ideas pero foron inútiles ou absurdas.
    Aínda que na actualidade, na parte norte do mar de aral conseguiuse que o nivel da auga subise, e a súa salinidade baixase. Isto foi gracias a unha presa que se construíu para separar as dúas metades do mar de aral.
    Supoño que cando comezaron a explotar este mar non tiveron moi en conta as repercusións que tería no futuro ou mesmo no presente.

    Contestando a pregunta de Isaac, supoño que o mar foi perdendo a súa extensión e volume por culpa dos antigos cultivos que leva van fertilizantes químicos que contaminaron as augas etc.

  6. monica.aso4a di:

    Eu sigo pensando que tiñan que buscar outras ideas para mellorar a súa economía non da maneira que o fixeron…
    E a pregunta de Isaac pois non encontro una resposta adecuada, o de Adriana pode valer pero non creo que fora por iso.

  7. Isaac di:

    Non vexo a posible relación entre os contaminantes e a perda de volume do auta do Mar de Aral. A resposta vai por outro lado, pero evidentemente ten que ver coa agricultura.

  8. nerea.aso4a di:

    Paréceme incrible que os países desenvolvidos se crean os xefes da terra e aniquilen tantos espazos naturais para conseguir beneficios. Hai que ter en conta que moitas persoas viven da agricultura e un aumneto da produción podría mellorar os rendementos, pero aínda así hai que buscar un equilibrio porque nese mar, como xa din anteriormente, había unha gran biodiversidade que podía gartantir actividades como a pesca que agora non serán posibles.

Deixa unha resposta