A loita polo Ártico

 

imagen

No Ártico estase a librar unha das últimas batallas por un dos derradeiros recunchos do planeta que contén entre 20.000 e 46.000 millóns de barrís de petróleo (13% das reservas mundiais) cun valor aproximado de 5.5 billóns de euros. E en canto ó gas o Ártico esconde entre 40 e 50 billóns de metros cúbicos (30% das reservas mundiais).

Dende fai tempo as grandes petroleiras están interesadas nos xacementos desta rexión, e co paso do tempo as exploracións das multinacionais van en aumento. Ademais disto, tamén hai interese no ártico porque fai medio século as grandes petroleiras tiñan acceso ó 80% das reservas de petróleo poboadas do mundo, e agora, grazas ó paso dos recursos ás mans do estado, só poden acceder a un 15%, e polo tanto as petroleiras necesitan xacementos de extracción libre, como é o caso do ártico. A primeira compañía en construír os primeiros pozos de exploración é a escocesa “Cairn” que ten 2 de estes pozos na baía de Baffin, entre Canadá e Groenlandia. Ademais, o quentamento climático converteuse nun gran aliado para as petroleiras, xa que o desxeo dos polos está a abrir novas rutas marítimas que reducen o custo de transporte e que serían unhas serias rivais contra o canal de Suez e de Panamá.

Nos últimos anos, a partir destas informacións, tamén comezou a loita entre os países limítrofes co polo norte por conseguir máis territorios, como é o caso de Rusia a cal reclama o territorio que hai dende as súas costas do norte ata o polo norte xeográfico, xa que estas zonas conteñen o 70% das reservas árticas. E tamén conseguiu un acordo con Noruega pola súa fronteira co país escandinavo, despois de 40 anos de disputas no mar de Barents.

Autor: Xosé

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Novas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

6 Responses to A loita polo Ártico

  1. Isaac di:

    Parece unha ironía, pero o cambio climático que padecemos debido ao uso masivo de combustibles fósiles para obter enerxía vai a posibilitar o explotación de xacementos de gas e petróleo que ata o momento eran inaccesibles debido aos xeos do Ártico.

    Interesante tema Xosé. Por certo, España non é allea a estas disputas por fondos oceánicos que están máis alá das 200 millas xuridicionais.

    A ver que topades.

  2. nerea.aso4a di:

    Aínda que a desconxelación do Polo Norte non implicaría unha subida do nivel do mar, para chegar a esa situación o xeo depositado sobre os continentes tamén debería estar a derreterse e iso sí aunmentaría o nivel do mar.
    Por outra banda,no Polo Norte viven especies de animais adaptadas ás condicións do territorio e un cambio brusco no seu hábitat podría ocasionar danos moi importantes para esas especies.
    Ós países do mundo, incluído ó noso, non lles importa estas repercusións xa que só buscan os beneficios que poden obter se conseguen chegar ós xacementos de petróleo e gas natural.

  3. aldara.aso4a di:

    Os países non lle importa que se derreta o xeo do polo norte ou que se perdan especies por que estas non se podan adaptar ao medio, coma o oso polar, que estase a acercar a zoas pobladas e é unha especie agresiva. O único que lle importa e o diñeiro e que coa desxeación do polo norte poderán acceder a explotación de petróleo que antes era inaccesible.

  4. lucia.aso4a di:

    Actualmente, como se di no post, moitos países están loitando por augas xurisdiccionais, que en realidade non lle corresponden, como as do Ártico para verse beneficiados polos grandes xacementos de enerxías non renovables que contén este mar.
    É certo, que se o xeo depositado no Ártico chegase a desconxelarse polo aumento da temperatura global, non chegaría a producir o aumento do nivel do mar, mais sí, extinción de especies que viven neste territorio. Do mesmo xeito, penso que se se conseguise chegar aos xacementos de petróleo e gas aumentaria considerablemente o problema que actualmente hai co cambio climático, xa que os países que se apoderasen destes recursos utilizaríanos sen pensar nas consecuencias, e seguiríamos sendo unha sociedade dependente de enerxías non renovables, que terminaría nunha nefasta situación para o medioambiente.

  5. aleksei.aso4a di:

    Eu non estou de acordo con vos xa que o noso país é pioneiro en enerxías renovables e limpas isto quere dicir que lle importa o medio e Noruega que tamén está moi avanzada en canto a materia ecolóxica polo tanto non van deixar que se destrúa este paraíso medioambiental asi como asi e pondran inconvintes ou eso creo eu e espero

  6. breixo.aso4a di:

    Dende o meu punto de vista vexo moi dificil que poidan facer algo para que non consian salirse ca súa e vexo moito mais dificil ainda que España poida facer algo xa que hai etan potencias como rusia e EEUU que van face todo o posible para salirse ca sua pese a todo o que esta en xogo.

Deixa unha resposta