O poder da natureza

O pasado 11 de marzo houbo un seismo  de 8,9 graos na escala de Richter na costa nipona.

Epicentro do terremoto

Este seísmo que foi un dos máis potentes dende 1900 no Xapón, provocou un tsunami que avanzou 10 km cara o interior de Xapón producindo así a morte de dunhas mil persoas. O tsunami inundou aereoportos, pobos, portos, todo tipo de infraestructuras. Xapón así veuse obrigado a establecer o estado de emerxencia, xa que tamén  se produciou por culpa do seísmo ( aínda a preparación deste país contra os seísmos pioneira no mundo, xa que Xapón sofre seísmos practicamente todos os días) unha explosión nunha central nuclar por  unha reación química entre o osíxeno e o hidróxeno nunha central nuclear.

Incendio nunha central

Isto era o peo que lle podía pasar a Xapón e ó mundo (xa que Xapón é a terceira potencia mundial) neste momento pola grave situación económica.O desastre medioambiental é tremendo polo arrastre de contenedores, automóviles e toda clase de materiais hacia o mar (gustariame saber como se limpará todo isto e canto tempo tardaría).Sen dúbida o sector máis afectado é o pesqueiro.Cando Xapón puxo a alerta por tsunami, as costas de oceanía e américa revolucionáronse e púxeronse en alerta pola posible chegada de tsunamis ás súas costas.

Tsunami

 Xapón está agora arrasado pola natureza.

Autor: Aleksei

 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra. Garda o enlace permanente.

3 Responses to O poder da natureza

  1. aleksei.aso4a di:

    O dato dos mortos seguindo as noticias que se dan na actualidade xa é de máis de dez mil persoas

  2. breixo.aso4a di:

    Pese a o impacto que vaia ter no mar tamen hai que ter ne conta que debido as fugas das centrais nucleares vai a ter un gran impacto na atmosfera e se non me equivoco Xapón en decembro tivo presente deixar o protocolo de Kioto así que dende o meu punto de vista eso un pouco buscarono eles solos ao saír do protocolo.

  3. aldara.aso4a di:

    Foi un dos terremotos máis grandes da historia e non se esperaba. Parécese ao terremoto que se deu en Chile o 22 de maio de 1960. Este tivo o epicentro en Valdivia que se fundiu 4 metros por debaixo do mar. Este seismo foi percibible en diferentes partes do mundo debido ao tsunami que desencadeou e chegou a Xapón e Hawai que están a miles quilómetros de distancia. O terremoto de Xapón tamén produciu un tsunami que chegou a diferentes partes do planeta e moveu a Xapón 6 metros, da súa antigua situación. A verdade e que foi un debastador terremoto que deixou miles de feridos e consecuencias que aínda se están dando, como o da central nuclear, que está sobrepasando 100 veces o limite de emisión de gases.

Deixa unha resposta