Xapón, ó bordo dunha catástrofe nuclear

 

O terrible terremoto que se produciu en Xapón, tivo como consecuencia unha explosión na central nuclear de Fukushima.

 

imagen

Esta explosión que se produciu na central derrubou parte do edificio danando a 11 obreiros. Esta explosión producíuse ao mesturarse o hidróxeno dende o núcleo do reactor, o cal reaccionou co osixeno, producindo unha combustión. O reactor III desta mesma central presenta problemas no sistema de arrefriamento de emerxencia, polo cal estano intentando arrefriar con auga ó núcleo do reactor para evitar unha fusión deste. Se seguise sen subministrárselle enerxía eléctrica poderíase producir un accidente nuclear moi serio, aínda que este incidente está calificado do máis grave despois do Accidente de Chernóbil.

Esto fixo que se desaloxase unha área de 20 km. Unhas 300.000 persoas foron evacuadas en 5 provincias distintas do norte de Xapón e 46.000 vivían moi preto da planta nuclear.

A central de Fukushima non é a única que presenta problemas no Xapón. Esta noticia fixo que se reunise na Unión Europea para asegurar o plan de evacuación nuclear.


Autor: Aldara

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Xapón, ó bordo dunha catástrofe nuclear

  1. aldara.aso4a di:

    Confirmouse que poden pasar varios meses antes de que cesen estas filtracións radioactivas.
    Despois de 3 semanas continúase a traballar día e noite para controlar catro dos seis reactores que posue a central.
    Fixéronse análises que demostran que persoas atopadas a 20 e 30 km de distancia da central non están radiados.
    Atopáronse cunha grieta que están intentado tapar xa que está á filtrar substancias contaminantes ao mar, pero todos os intentos non tiveron éxito.

  2. aldara.aso4a di:

    Afirmouse que Tokio tardará 10 anos en desmantelar os reactores de Fukushima un 30% menos do que se tardou en 1979 en Harrisburg.
    A empresa Tokyo Electric Power comezou o pasado luns a verter 11.500 toneladas de auga con baixa radiactividade.
    As fugas radiactivas alcanzaron en Xapón a auga potable, xunto coas verduras e o peixe.

  3. aldara.aso4a di:

    Xopón ampliou a zona de evacuación que rodea a central de Fukushima. Os inxeñeiros xaponeses rendironse ao intentar por ultima vez estabilizar un rezctor da central. Xa son 5.000 as peorsoas que se atopan evacuadas xuntos cos 80.000 anteriores, agora o radio de evacuación é de 30 km. Xa pasaron 2 meses do suceso, pero o perigo aínda está presente.

Deixa unha resposta