Coa lingua fóra

Dende sempre, Galicia foi parte da España húmida, donde as precipitacións eran abundantes durante todo o ano. As temperaturas eran calidas, con medias mínimas anuales de entre 7 e 13ºC, e as máximas de entre 15 e 24ºC. Era a terra da auga, nunca se temía pola súa ausencia. En cambio agora estamos a sufrir continuas vagas de calor abafante que fai secar os encoros e bota a perder as colleitas e o marisco. Olas de calor como a rexistrada en 2006 donde chegamos a sobrepasar os 40ºC.

Este ano, sufrimos a primavera máis seca dos últimos 50 anos. Encoros como o de Bahiña, cunha capacidade de 600.000 metros cúbicos, secou ata atoparse no 50% do total. Así como unha docena de ríos que chegaron a levar menos dun 40% do habitual. Isto dou lugar a numerosas perdidas agrícolas. Pero tamén na entrada ó outono sufrimos unha gran sequía, donde houbo que controlar o gasto de auga e ata se pensou en cortar o seu suministro en algúns puntos da comunidade.

Os bombeiros e equipos de emerxencia traballaron duro durante todo o mes de outubro debido os numerosos incendios rexistrados. Máis de 400 incendios díficiles de sofocar por culpa da falta de precipitacións, botaron a perder miles de hectáreas de monte. Esta seca provocou que o cultivo de productos como o pemento de padrón, se alargasen; e moita colleita de castañas, froito propio do outono, se botase a perder debido a falta de choiva que trouxo consigo o bicho que atacou a moitas delas.


Autora: Jessica Calo

Esta entrada foi publicada en Clima e meteoroloxía e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta