A desaparición das abellas

As abellas

Dende hai anos, enxames enteiros de abellas desaparecen sen deixar rastro. Ata hai un pouco só se rexistraba o aumento de mortes en EEUU e nalgunhas rexións de Europa, inclusive España, por exemplo, en Galicia, en dez anos desapareceron a metade da poboación das abellas. Pero nos últimos anos o problema extendeuse ata o norte de África, China, Xapón e Australia.

Aproximadamente un tercio da poboación mundial dos alimentos depende directamente das abellas, e doutros animais polinizadores, xa que a súa labor de polinización é indispensable para os cultivos. No caso de determinadas froitas, a produción de sementes diminúe en máis do 90%.

O Parlamento Europeo pediu que se tomaran medidas urxentes para protexer ás abellas, ameazadas polo aumento da mortalidade das súas colonias a escala mundial.

Según os apilcutores, os insecticidas desorientan ás abellas e isto impide que poidan volver a súa colmena, o que leva a que morran, e as súas crías ao non alimentarse, tamén morren.

As causas que se pensan que contribúen a súa mortalidade son, ademáis dos insecticidas, a presenza de certos parásitos,  como o ácaro Varroa; as torres de comunicación, a contaminación e o cambio climático.

Ao final cando Albert Einstein dixo: “Se a abella desaparecera da superficie do globo, ao home só lle quedarían catro anos de vida: sen abellas, non hai polinización, nen herba, nen animais, nen homes” ; non ía tan mal encamiñado. Aunque non sería tan drástico xa que hai máis animais polinizadores, por exemplo: as bolboretas, os paxaros, as moscas e os morcegos.


Autora: Yasmina Sánchez

Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to A desaparición das abellas

  1. miguel di:

    É unha pena que se “estinguen” estes insectos, aínda que estinguir non sería palabra, as abellas aportáronnos en moitos anos un alimento imprescindible, que é a mel cun sabor doce inimaxinable e tamén como dice nun das liñas do texto a mel é un dos ingredientes indispensables nos alimentos. Espero que a situación mellore ao longo dos anos.

  2. isaac di:

    Recordade que de desaparecer as abellas o menor problema sería ter que prescindir do mel, xa que moitísimas plantas dependen delas para a súa polinización.

Deixa unha resposta