A saúde do Umia non mellora

Pasaron 5 anos dende que en setembro do 2006 unha enorme nube de fume negro iniciaba unha das peores catástrofes ecolóxicas que sufriu a comarca do Salnés: a contaminación do río Umia.

Esta contaminacion foi causada debido ao incendio da factoría que Brenntag posuía en Caldas de Reis. Por sorte as administracións autonómicas e locais, lograron frear a gran mancha azul turquesa que ameazaba con contaminar parte dos bancos marisqueiros da ría de Arousa.

encoro UmiaAgora, 5 anos despois, a situación segue sen mellorar de todo. É certo que se lograron moitas melloras na depuración do río pero aínda quedan moitas cousas por arranxar, así o afirma o Colectivo Ecoloxista de O Salnés, que asegura que a situación do río segue sendo moi preocupante xa que o 33% dos vertidos que sofre son contaminantes e proceden de municipios dos arredores. Caldas é o concello con máis vertidos ao Umia, ségueno Meis, Moraña e Ribadumia.

Dos 130 puntos de vertido encontrados no rio , casi o 60%  son de orixe doméstica-urbana, o resto proveñen da natureza undustrial , dos aportes naturais, de residuos, etc. Esta situación que sofre o río Umia é moi importante xa que nutre O Salnés de auga potable.

Outro dos problemas que sufriu  o Umia foi  a Microcystis, unha alga que tingiu de verde as augas do río cada verán dende 2001 debido á construccion dun embalse.

Como remedio a este problema a Xunta pensou un plan que consistia en aplicar 60 toneladas de corteza de eucalipto nas 45 hectáreas do embalse mediante a instalación de 120 estructuras flotantes, conseguindo así que, a corteza de eucalipto permita reducir a poliferación das cianobacterias creado as condicións axeitadas para que, no seu lugar, aumenten outros tipos de fitoplancto propios de augas limpas.

Autora: Sara Mariño

 



Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to A saúde do Umia non mellora

  1. fab-isaacabal di:

    A min pareceme que no que se hai que esforzar non é en depurar a auga, senon evitar contaminar o rio.
    A niguén lle gusta ir a algún lugar público e que esté cheo de lixo, pero somos nos quenes o enchen de lixo.

Deixa unha resposta