O Instituto xeolóxico da Universidade de Colonia (Alemaña) realizou un estudo no que se detectou que o xeo do Ártico e o xeo da Antártida derrétese ó mesmo tempo, así é que os seus niveis de xeo son parecidos.
Esta investigación foi publicada en Science, onde contaba que dende a última idade de xeo fóronse estudando todos os procesos que provocaron a fusión das capas de xeo no norte e no sur do planeta. O autor principal deste estudo sobre as condicións do xeo na Antártida e no Ártico foi Michael Weber que indica que o descenso do xeo na Antártida produciuse 5.000 anos antes do previsto.
Os resultados obtidos ata o de agora demostran que a Antártida non estaba tan illada climáticamente como se supoñía, senón que está relacionada no tempo climático co norte do planeta.
Algúns expertos sinalan que a fusión simultánea dos dous polos puido ser a causa dos cambios do nivel do mar e a circulación das augas profundas do Océano Atlántico. Estes expertos preocupados pola falta de estudo sobre a investigación da Antártida, e así é, que non se coñecía a inestabilidade da capa de xeo desta zona.
Autora: Chus Aguín