Este ano 2011, Europa sufriu unha gran sequía con respecto ao ano 2010 a excepción das Illas Británicas e a península Ibérica, nas que a situación mellorou considerablemente. As zonas máis perxudicadas son Europa central e oriental, as cales están nunha sequía extrema. Este mes de Novembro foi o máis seco dende 1906.
En Holanda solo caeu un promedio de 9 litros por metro ao cadrado con respecto a 2010. En Alemania a situación non mellora senón que obriga a interromper a navegación do Rhin e o Elba, e provoca un incendio forestal en Baviera.
A sequía percíbese nestas lecturas do Observatorio orbital da humidade do solo e salinidade do mar (SMOS) que rexistra a humidade da capa superficial do solo en cada órbita cunha precisión do 4%. Na imaxe superior a SMOS móstranos a humidade do solo a Novembro de 2010 e na inferior a Novembro de 2011. A simple vista os cambios son considerables.
Si esta situación continúa acabará producindo resultados catastróficos dentro duns anos e xa vai sendo hora de facer algo o respecto, ou non?
Autor: Raúl Martínez
Está claro que hai que facer algo para frenalo e para cambiar isto pero volvemos o de sempre, o cambio clímatico ten efectos irreversibles e a sequía que estamos a sufrir polo cambio clímatico debe ser freada tomando medidas contra a contaminación, o certo é que estas taxas de expulsión de CO2 e outros gases viuse reducida pero non por medidas se non pola crise.