Defensa á gandería ou atentado contra o medio animal?

O lobo ibérico que desde sempre habitou nos montes galegos, chegou a converterse nunha ameaza na zona do Barbanza.

A partir desta raza de lobo que é o ibérico, apareceu un cruce entre perro e lobo puro, dando lugar a unha  especie híbrida que está ocasionando conflicto co sector gandeiro. Esta nova raza calificada como contaminación xenética, que actualmente constitúe a unha manada de 16 lobos, xa rematou coa vida de 200 reses dende a súa aparición.

Esta situación, detectada no 2009 non se recoñecía como alarmante no momento, xa que este tipo de cruces non acostumbran a durar moito tempo entre manadas de lobos puros, pero ó parecer este aparenta ser un caso excepcional.  Máis agora, no último ano disparáronse notablemente as mortes de gando na rexión do Barbanza, polo que se considerou unha situación crítica.  Como consecuencia disto A Xunta de Galicia aprobou a matanza do lobo híbrido na zona.

A este suceso a Consellería do Medio Ambiente sinala que aínda que esta raza se considere de interés comunitario e forme parte do medio natural galego é unha especie que xenera moito conflicto

As medidas requeridas pola Xunta de Galicia foron postas en práctica, pero que estamos a facer, axudando ó sector gandeiro e á vez rematando cunha forma de vida como moitas veces tivo feito o ser humano?


Autora: Fabiola Albornoz

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.