ALERTA CORAL!

A Gran Barreira de Corais (Australia)  corre un gran perigo de desaparecer debido ó cambio climático, a acidificación dos océanos e o cambio de temperatura da auga. Os próximos anos serán cruciais para preservar a barreira e que nn desaparezca.

Os científicos americans queren recoller o maior número posible de células reprodutivas (gametas), para asi poder conxelar as mostras e esperan poder construir unha reserva xenética do coral  por si nn sobrevive ao quecemento da terra, contaminación…


Os gametos están gardados en  Dubbo (Australia) e podería permitir a reconstitución in vitro do coral, que sería implantado na natureza para reproducirse e repoñer a barreira. Os corais son unha especie única no mundo, diferente de calquera outra, porque eles teñen dous tipos de reprodución sexuada mixto e asexuada.

A Gran Barreira de Corais está rexistrada como Patrimonio Mundial da UNESCO, e ten unha extensión de 345 mil km2 ao longo da costa de Australia e é o maior arrecife do mundo xuntos. Contén sobre 400 especies de corais, 1.500 especies de peixes, 4.000 especies de moluscos e numerosas especies en extinción, como dugongos (mamíferos mariños herbívoros) e a gran tartaruga verde.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta