Qué serían as sabanas africanas sin o seu gran felino? Nada mais que 20.000 exemplares de león quedan na salvaxe África, tan poucos que naturalistas como Dereck Joubert comezan a pensar que en, aproximadamente, 10 ou 15 anos xa non poderemos escoitar o forte ruxido dun león nas noites cálidas da gran sabana.
Todos pensamos, que sendo un gran depredador, non corre perigo nin ameazas de outros animais. Pero todavía hai un ser sobre o planeta máis poderoso: o home. Cerca de 600 leóns son cazados por homes, con licencia, simplemente como trofeos. E, a máis dos cazados, súmanselle as grandes masacres a mans de furtivos.
A parte de esta ameaza, tamén podemos destacar outras como o aumento da agricultura e o pastoreo, xa que reducen a cantidade de presas silvestres e obliga o animal a atacar a animais domésticos e incluso a persoas (o que se convirte nun dos principais conflictos co home). Este conflicto cos pobos das zonas frecuentadas por ataques de leóns levan a que moitas persoas envelenen adrede a cadáveres de animas para que este tipo de depredadores morran o alimentarse das súas carnes.
En Kenia encóntrase a principal proba de que leóns e persoas poden convivir sen conflictos. Os gandeiros recurriron a levantar vallas firmes e a poñer cans guardiáns para manter ben vixiado o gando. Pero ó parecer, as persoas prefiren usar balas e veleno.
Autora: Jessica Calo