Chega a Ourense a primeira central de biomasa galega.

O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, anuncia a chegada da primeira central de biomasa en Galicia. Esta central, financiada con fondos europeos, supón un avance no ámbito medioambiental xa que axuda á limpeza dos montes e evita gran cantidade de incendios forestais.

A deputación de Ourense consciente destes desastres aposta pola tecnoloxía aplicada ás enerxías renovables para xestionar o residuo de biomasa e contribuir na prevención de máis incendios forestais.

Esta pioneira instalación tivo un investimento de case 2 millóns de euros dos cales sobre un 70% foron financiados polo FEDER.  A Unión Europea ten pensado crear unha rede de centrales por toda a provincia e xa achegou a axuda financieira necesaria para unha proba de viabilidade que logo vendrá coa construcción dos tres centros que se conta con facer en Ourense.

Autor: Raúl Martínez

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta