CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

A contaminación atmosférica é un problema que cada vez se fai máis frecuente nas cidades españolas. Os niveis de dióxido de nitróxeno supéranse en moitas cidades. Unha delas é Madrid onde este problema pode empeorar se non chove.

A contaminación atmosférica causa moitos danos no medio ambiente e  na saúde das persoas como alerxias, problemas respiratorios… , e é a responsable de 16.000 mortes o ano. A súa orixe está causada principalmente polo tráfico e polas industrias . De modo que o concello intenta concienciar ós cidadáns para que usen o transporte público, pero estas medias non son suficientes para acadar o problema.

O partido político EQUO inicio unha campaña  chamada ‘’¡Quítate la boina!’’, e  manifestáronse o pasado 18 de Marzo en Madrid para denunciar a  contaminación atmosférica e os graves problemas de saúde que ocasiona.

Penso que  este é un asunto no que hai que tomar medidas urxentemente e concienciar os cidadáns para reducir a contaminación.


Autora: Berta Ferreiro

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta