Como é habitual nas últimas décadas, o denominado “Cambio climático” segue a producir notables variacións no clima. Estes cambios derivan en graves situacións que afectan tanto a poboación como o medio natural.
Dende o pasado marzo do 2011, Galicia rexistrou o ano máis seco desde 1930, cun valor medio de precipitacións que descendeu un 73,7% respecto a media do periodo 1960-1990.
Este inverno en Galicia foi frío e seco, so un frente atravesou a comunidade autónoma en xaneiro mentres que febreiro foi o máis seco dos últimos 50 anos. E polo que se refire as a temperaturas, estiveron por debaixo do esperado producindo numerosas xeadas.
A falta de precipitacións causou a perdida de importantes cantidades de auga nos embalses galegos, convertindo así a algúns, nos máis baixos de España.
Fronte este suceso, a Xunta de Galicia impondrá medidas, todavía non concretadas, se persiste a sequía en abril; xa que a situación podría afectar gravemente o sector agrícola e gandeiro.
O presidente da Xunta considerou a Galicia en situación de alerta e aconsella a poboación galega racionalizar o consumo de auga.
Autora: Fabiola Albornoz