Biotoxina, a inimiga dos mexilloeiros.

As biotoxinas poden ser de: bacterias, algas, fungos, plantas, aminoácidos. Pero neste artículo voume centrar nas biotoxinas mariñas.

Aínda non se coñece o modo de destruír este tipo de toxinas, nin polo tratamento culinario nin por ningún proceso tecnolóxico. Sábese que ó cociñar un bivalvo parte do nivel de toxina pasa ó líquido de cocción, pero aínda así o resultado é irregular e non ofrece as suficientes garantías sanitarias.

Para saber si unha zona contén toxina recóllense mostras dos bivalvos presentes nesa zona, lévase a un laboratorio e neste inxéctanlle o bivalvo triturado a tres ratos. Se estes morren antes das vinte e catro horas quere dicir que o bivalvo contiña toxina e, polo tanto, impídese recoller marisco de tipo bivalvo nese polígono, pero si os ratos non morren nesas vinte catro horas realizase outra análise que si volve dar negativo permiteque abran o polígono. Para recoller estas mostras elixíronse 52 puntos primarios es 126 puntos secundarios. As mostras tómanse por alturas: de 1 a 5 metros, entre 5 e 10 metros, e a máis de 10 metros.


Autora: Fátima Feijoo

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta