E agora que lle botamos á paella?

Se pensamos no que está ocorrendo de verdade, darémonos conta de que é máis grave do que nos pensabamos.

A desaparición do berberecho común non é unha simple desaparición dun molusco, senón a desaparición da variedade máis cotizada en Galicia, a desaparición de máis da metade de toda a producción marisqueira.  Os efectos que esto produce a nivel económico son enormes, xa que a venda do berbercho é algo moi importante no sector marisqueiro.

A causa disto descubrirona os biólogos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA) de Corón. Este fenómeno é debido a un parásito que só resulta mortífero para o beberecho común. Este parásito foi descuberto agora por primeira vez aquí en Galicia.

Os biólogos non saben a que se debe a aparición dese parásito aquí en Galicia, pero deducen varias teorías, como a de que apareceu debido a un berberecho contaminado ou que entrara debido á auga que liberan os lastres dos barcos.

A Xunta de Galicia decideu facer controles para frear a epidemia e  puxo en marcha un proxecto de rexeneración da poboación do berberecho afectado, e os resultados obetranse en setembro. O encargado desta investigación é o doctor en Bioloxía e experto en enfermidades de moluscos, Antonio Villalba.

Debido ao gran problema que está sufrindo o berberecho, o irmán pobre do berberecho, o birollo, está alcanzando una gran expansión xa que se multiplica con maior rapidez. Esto produciu desconcerto e alarma no sector, xa que esto preocupa á producción dos barcos marisqueiros.

O presidente da Federación de Cofradías de Galicia e o patrón maior de Cambados, Benito Gonzalez, afirma que se poden eliminar as poboacións de berberechos e incide no pesisimodo estado dos ríos, porque nas súas desembocaduras se producen os berberechos. Como el di “Sen ríos sanos non hai marisco”

Autora: Fátima Lago

Esta entrada foi publicada en biodiversidade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta