Hacia o descarte dos descartes

DescartesPara comprender as novas reformas que se pretenden acadar na pesca, primeiro temos que saber o que é o descarte. Esta práctica consiste en refugar e desbotar as capturas que polo seu escaso valor comercial son devoltas ó mar.

Estas últimas semanas téntase cerrar o proceso de negociación para a aprobación da reforma da Política Pesqueira Común na Unión Europea. Ten como obxectivo fundamental devolver a sostibilidade das poboacións de peixes e ofrecer ós consumidores un suministro estable, saludable e seguro.

Dende o nacemento da PPC buscábase asegurar o abastecemento pesqueiro a prezos razoables, pero á vez prevían medidas de xestión conservadoras, basadas en “totais autorizados de capturas” (TACs) e cuotas de pesca. A política pesqueira dos recursos era esencial xa que non hai pescadores sin peixe.

Nas sucesivas reformas manifestouse o grave desiquilibrio entre a capacidade da flota e as posibilidades de captura. Pese as medidas adoptadas; maior control das capturas, técnicas máis selectivas, reconversión profesional, desguace de buques, o desequilibrio persiste e incluso se agrava.

Os científicos cren que nos métodos pesqueiros tradicionais hai unha clara situación de sobrepesca, poñendo así en perigo a súa subsistencia. Isto afecta a mesma rentabilidade das flotas (cada vez menor).

Entre os obxectivos e medidas baralladas ningunha adquiriu tanta relevancia como o relativo á reducción ou eliminación dos descartes. Os descartes supoñen cerca do 25% do total das capturas (ao redor de 1.700.000 toneladas de peixe). A idea é que agora obrigarase ós pescadores a que descarguen no porto todas as especies comerciais que capturen.

A proposta da Comisión Europea sobre os descartes como unha das medidas principais sobre a nova política hacia o 2020, oriéntase cara o obxectivo final da súa total prohibición, pasando por unha progresiva eliminación desta perxudicial práctica pesqueira según os diferentes tipos de especies.

Polo momento o Parlamento Europeo respaldouse por unha  gran maioría coa eliminación progresiva dos descartes, comezando dende o 2014. A proposta da Comisaria de Agricultura e Pesca, Maria Damanaki, pedía poñer fin de forma inmediata a dita práctica pero o Consello de Ministros de Pesca da UE puxo de manifesto as discrepancias dalgúns países (como é o caso de España) solicitando máis flexibilidade na aplicación desta medida. De feito un grupo de países liderados por Francia e España conseguiron unhas <<exencións de minimis>>: poderanse descartar ata o 5% do total anual de capturas de todas as especies sometidas á obrigación de desembarque.

A par desta reforma desenvolveuse unha campaña internacional de apoio á iniciativa da prohibición dos descartes, “Ni un pez por la borda”, que contou coa a colaboración de máis de 850.000 persoas de toda Europa, das asociacóns ecoloxistas máis importantes, das entidades vinculadas coa pesca artesanal, personaxes famosos e incluso grandes chefs.


Na miña opinión restrinxir os descartes totalmente é algo delicado. É certo que na pesca a gran escala desaprovéitase e tírase unha gran cantidade de peixe na selección e os métodos usados son demasiado agresivos para o medio mariño, pero tamén hai que ter en conta que na pesca tradicional esta reforma acadaría un gran impacto. Se os mariñeiros teñen unha cuota de peixe e se lles vai obrigar a levar todo o pescado a terra, moitas veces, máis da metade será descartado e non se obterá beneficio. A solución? A parte do maior control dos descartes habería que optar pola prohibición de técnicas de pesca destrutivas.

Autora: Laura Vázquez

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Eventos, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta