HAI COMPAÑEIROS QUE CORREN PERIGO

Autora: Sara Castro Ferreiro

Schaus swallowtail

Estes días atopouse en EEUU unha bolboreta que se cría que estaba a piques de extinguirse. Chámase Schaus swallowtail e o seu descubrimento fixo que aínda queden esperanzas de poder recuperar esta especie.

Este exemplar atopouse no Parque Nacional Vizcaíno, ao sur de Florida, despois de máis dun ano de búsqueda. Aínda que a súa captura non significa moito, para os expertos xa é bastante, posto que din que agora existe unha mínima posibilidade de poder salvar esta fermosa especie.

A femia foi capturada fai apenas un mes, e mentres estivo en cautividade puxo un ovo, e a larva obtida foi trasladada ao norte de Florida, onde xa se almacenan algunhas outras obtidas en outras zonas.

Está en perigo de extinción por diferentes motivos, entre os que destaca que só produce unha xeración por ano ou por outras consecuencias, como por exemplo o uso de insecticidas, a sequía, os furacáns, etc.

Hoxe en día está autorizada a captura de exemplares para poder reproducilos en cautividade e poder salvar así esta especie.


 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Novas, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta