Intentos para un Jurassic Park, pero esta vez con mamuts

A principios deste mes foi atopado o sangue en estado líquido dun mamut en Siberia. Tratase dun mamut femia lanudo que suponse finou a idade de 60 nos, fai xa uns 15 milenios.

O corpo foi atopado a 100 metros por debaixo do xeo. O xefe da expedición paleontolóxica, Semión Grigoriev, pensa que o sangue conservouse en estado líquido porque o animal caeu nun pozo de auga ou nun pantano, seguramente pola mitad da súa altura, mentres que o resto do corpo conxelouse. O científico dixo que cando descubriron o corpo e romperon o xeo por debaixo do seu abdomen, o sangue fluíu.

Este descubrimento abre a posibilidade de recuperar esta especie xa estinguida desde milenios. Este experimento será levado acabo por Hwang Woo-suk, un experto no tema da clonación . Os anteriores intentos de levar a cabo a recuperación da especie fracasaron porque non contaban con células vivas  desta especie. Como esta especie é un antepasado do elefante actual, utilizarán o ventre dunha elefanta, para levar a cabo o experimento.


Autor: Manuel Mouriño

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta