O noso mundo non é un laboratorio experimental: Europa sábeo

Os transxénicos son organismos modificados xenéticamente, introducindo a un ser vivo xenes que non pertencen á súa especie.  Ata agora estaba moi extendido ó redor do planeta o uso destas semillas modificadas, xa que prometían grandes vantaxes, pero teñen graves consecuencias para a saúde, o medioambiente e incluso para a economía.


Debido ás graves consecuencias que teñen, a maioría dos países de Europa decidiron opoñerse a estos organismos; exceptuando a República Checa, no que xa están en decrecemento, Portugal e España, sendo este último o “reino europeo dos transxénicos”, xa que ten o 90% da producción de maíz transxénico de Europa.


Outras empresas como Basf ou Syngenta xa tomaran a decisión de abandonar Europa anos antes pola presión de productores, consumidores e gobernos. Europa demostra así que non apoia empresas como Monsanto, que asegurou que só seguirá traballando en países nos que reciba apoio político.

Preguntarémonos como é que o goberno non prohibe estos productos en España, como é que os apoia. Eu faría outra pregunta, como é que a sociedade española non fai nada? É un pouco irresponsable, non? Somos nós os que debemos presionar como consumidores.´

Autora: Verónica Noya


Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta