Para estar guapos hai que sufrir (pero nos non levamos a peor parte)

Dise que para estar guapos hai que sufrir, pero os que realmente sofren nesta situación son os animais cos que esperimentan cos  cosméticos, medicamentos…

A  vivisección consiste en diseccionar a un animal mentras este está vivo. Esta práctica  levase  acabo polas fábricas de cosméticos, as industrias químicas e farmacéuticas, o exército,  estudos de psicoloxía, etc. Para estes experimentos empreganse ratóns, ovellas, porcos, vacas, gato, coellos, monos e cans.

En España cada ano morren nestes experimentos 626.598 animais. Estes animais ademais de ser torturados, viven en xaulas sen poder moverse libremente, durmen no chan ou no periodico que cubre o chan das xaulas, pasan nelas dia e noite, sen poder facer vida e soamente saen para outra proba ou para morrer.


O Test Draize empregase para ver a irritación que provocan os cosmeticos, deterxentes ou lexivía nos ollos dos animais (principalmente coellos porque as súas glándulas lacrimares producen poucas bagoas), esto causalles grandes llagas, o iris queimaselle… Algunhas doutoras dixeron que este test era pouco eficaz para evaluar os resultados.

Algunhas organizacions (como People for the Ethical Treatment of Animal, P.E.T.A) xa están controlando estas torturas, pero aínda queda moita xente que segue nisto.

Autor: Manuel Montes

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta