MÁIS DE 300 SISMOS NUN MES

Durante as pasadas semanas, Castellón e as Terras del Ebro estiveron en continua alerta a causa dos numerosos sismos detectados, desde pequenos temblores que a poboación non sentiu ata terremotos de 3,9 e 4,2 grados, rexistrados na noite do domingo 29 (noite na que detectaron 22) e o martes 1, respectivamente. En menos dun mes van 350 sismos.


O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, ordeou o pasado xoves 26, o cese da actividade do Proxecto Castor, almacén subterráneo de gas natural situado frente as costas do Delta del Ebro, xa que dende que a empresa Escal UGS comezou a inxectar gas colchón para comprobar que a instalación funcionaba correctamente, comezaron a rexistrarse microsismos, cada vez máis frecuentes e maiores, ata chegar aos sismos actuais.

Este almacén sitúase nunha zona de bastante actividade sísmica, xa que está atravesada pola falla Amposta. O Proxecto Castor aproveita un antigo xacemento petrolífero situado a 21 quilómetros da costa e a 1700 metros de profundidade. Trátase dun depósito pensado para almacear unha cantidade de gas natural equivalente a un terzo do que consume toda España en 5o días.

A pesar de parar a activade da empresa, os sismos continúan, e pensábase que cesarían, polo que o sismólogo Emilio Carreño apunta que puido suceder o derrubamento das cavernas submariñas, ao substituírse a auga do mar por gas, hipóteses que trae consigo moitas dudas, xa que os sismos son de demasiada enerxía como para proceder dun derrube.

Estes movementos sísmicos poderían ter consecuencias na zona e afectar á costa e ao fondo mariño, onde se poderían producir deslizamentos submariños. De feito, varios mariñeiros afirmaron que dende que se produciron os terremotos notan correntes mariñas extrañas, pero non cambios na biodiversidade.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Dinámica interna da Terra, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.