É habitual que todos os veráns cheguen á costa medusas, pero nos últimos anos, non só se elevou a súa presencia nas praias, se non que tamén se viu incrementado o número de poboación desta especie.

Este incremento, ademais de propiciar máis picaduras de medusas aos bañistas, ten importantes consecuencias ecolóxicas, como esgotamento de plancton ou a alteración da cadea trófica. Cando nunha área determinada existe unha alta concentración de medusas, éstas poden consumir practicamente o 100% do plancton dispoñible, prexudicando directamente aos peixes planctívoros e as larvas da maioría dos peixes, alterando así a cadea trófica da que estas especies forman parte.
Para algúns grupos ecoloxistas, a solución a este problema está en recuperar o equilibrio do ecosistema, pasando por una diminución da emisión de gases de efecto invernadoiro, unha depuración total das augas residuais, elaborar una agricultura de menor impacto ambiental e a posta en marcha de programas pesqueiros selectivos e respectuosos coas especies.

Autora: Tamara Parracho Martínez