UN CARNÍVORO AGOCHADO ATA AGORA

O olinguito é un mamífero carnívoro da familia Procyonidae, nativo das montañas dos Andes en Colombia e Ecuador. Foi identificado como especie independente o 15 de agosto do 2013 polo Instituto Smithsoniano. Esta foi a primeira especie carnívora identificada no hemisferio occidental en 35 anos.

O corpo deste animal mide uns 35,5cm e a súa cola mide 45,5cm de lonxitude. Pesa cerca de 900g. A súa pel é grosa e o seu pelaxe é castaño alaranxado ou avermellado. Deste animal podemos destacar os ollos, xa que son grandes. O olinguito vive no bosque nuboso andino, entre os 1500 e 2800 metros de altitude. Este animal é nocturno, solitario e vive nas árbores. Aliméntase principalmente de froitos, pero tamén pode comer algúns insectos ou néctar. Ten unha soa cría por parto.

Os investigadores levaron a cabo un traballo de máis de 10 anos ata dar con esta especie, que ademais non era obxectivo do estudo. Inesperadamente, tras o análise de máis do 95% das mostras de especies da familia dos olingos que se atopaban nos museos, xunto cas probas de ADN e a revisión de datos históricos, deron ca existencia do olinguito. Nun primeiro momento, o equipo de investigadores percibiu que en varios caso, os dentes e o cráneo eran máis pequenos e en forma diferente aos dos olingos. O exame dos ósos mostrou un tamaño menor diferentes os habituais dos olingos.

O descubremento do olonguito foi un verdadeiro golpe de sorte, xa que, a cámara dun zoólogo en Ecuador gravou a este animal apenas uns segundos. Tras semanas de búsqueda os investigadores deron, por fin, co animal.


Autora: Laura Ozores Castelo.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta