BERBERECHOS DESAPARECIDOS

 

Os Berberechos ou tamen “Cardiidae” é unha especie moi abundante pero o tipo de berberecho que mais se coñece é  a especie europea comestible,xa que hai alguns tipos de berberecho que non son reconmendables inxerir xa que poden producir hepatitis. O berberecho a ser unha especie hermafrodita ,podese reproducir rapidamente , pero na Ría de Arousa por culpa dunha bacteria xa non e asi.

A Ría de Arousa  xa ven sufrindo durante 2 longos anos a desaparición do berberecho en dita ría por culpa dunha bacteria que se introduciu na ría pola importación de marisco de outros países para os parques de cultivo que hai na zona, pero tamén se cree que esta bacteria tamén puido desenvolverse por culpa do cambio meteorolóxico que houbo neste inverno ao escaseasen as choivas. Os primeiros indicios desta epidemia foron detectados entre os meses de abril e maio nos Parques de Cultivo en Carril, esta epidemia rapidamente foise extenso asta contaminar toda a nosa ría Nas confrarías da ría dixeron que prevían que estas navidades xa haberá a suficiente cantidade de berberecho para extraer e levar a venta , pero os biólogos que estudaron esta especie de epidemia din que o berberecho non se recuperara nesta ría ata mediados do ano 2014.

 

A bacteria que afecta ao molusco chamase “Marteiliosis refringens”, pero neste caso a bacteria xa e coñecida polos biólogos que estudaron esta ría xa que hai constancia  da súa presenza nos anos 70 en mexillóns e ostras.A Marteiliosis afecta as ostras e outros bibalvos da costa atlántica europea , de Gran Bretaña a Portugal, dende 1968 que comenza a sua aparición na costa da Bretaña Francesa. Na costa española, esta bacteria comezou a facer efecto cando comezaron , iso  provocou a devastación dos  cultivos deste bivalvo, cunhas mortalidades que chegaron a alcanzar o 70% das ostras de procedencia francesa. Hoxe en día continua sendo unha importante causa de mortalidade das ostras e outros bilvalvos.

Para ver as declaracións de mariscadoras sobre o tema pode informarse nesta reportaxe da Televisión de Galicia:

Autora: Sara Falcón Fariña

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta