O futuro do mundo depende dunha planta?

O nitróxeno é un gas que se aplica ao solo como fertilizante, converténdoo en óxido nitroso. Este gas de efecto invernadoiro é o máis potente e agresivo, cun potencial de quentamento global 300 veces maior que o do CO2, e que constitúe o 38% de todas as emisións de gases efecto invernadoiro na agricultura. Para máis inri, os cultivos nos que se aplica teñen moitas fugas, e ao redor do 70% dos 150 millóns de toneladas de fertilizante extravíanse, provocando unha perda dun valor anual de 67.731 millóns de euros.

Mais dende fai pouco descubriuse un mecanismo químico nas raíces dunha herba tropical chamada Brachiaria, que se utiliza para a alimentación do gando. Este mecanismo é coñecido como “Inhibición biolóxica da nitrificación (BNI)” que evita, nunha porcentaxe significativa, que o nitróxeno se converta en óxido nitroso, , reducindo a súa emisión e as consecuencias para a atmosfera.

Utilizando esta planta antes doutros cultivos, obtense maior rendementos con só a metade da cantidade de fertilizante, debido a que se mantivo máis nitróxeno no solo. Estos pastos tamén capturan grandes cantidades de carbono na atmosfera, similar á dos bosques tropicais, que favorece a mitigación do cambio climático, facendo que os cultivos sexan máis sostibles, e permitíndonos ver algo de esperanza para o mundo futuro.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente, Sen categorizar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta