Os nosos océanos non necesitan máis auga

 

Cada ano,os casquetes polares da Terra perden 344.000 millóns de toneladas de xeo. O proceso, que se está a acelerar, xa se asenta sobre unha base sólida grazas a un estudo internacional realizado por 47 científicos de 16 institucions, incluindo a Nasa e a Axencia Europea do Espazo(ESA).

“Agora podemos afirmar de modo concluínte que tanto a Antártida coma Groenlandia están a perder xeo”, resume Andrew Shepherd (Universidade deLeeds, Reino Unido), líder de la investigación presentada en la revista Science. Pero isto non significa que o proceso sexa idéntico no norte e no sur xa que Groelandia está a perder xeo cinco veces máis rápido.


A perda do xeo nas rexións polares repercute na suba do nivel do mar, concretamente é responsable do aumento de 11 milímetros dende 1992 ata agora e para o ano 2100 se considera que pode tener una subida adicional de 9 cm.

“Os cambios na masa almacenada nas capas xeadas son importantes por tratarse dun indicador do cambio no clima global e porque afectan directamente ao nivel do mar”, resume Shepherd.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.