MAGMA BAIXO A ANTÁRTIDA

Un grupo de científicos dos Estados Unidos, que se encontraban  na zona occidental da Antártida para realizar un estudo a cerca da capa de xeo do continente, encontraron por casualidade un novo volcán (todavía sen nome) que se está a formar baixo unha capa de xeo de aproximadamente un kilómetro de espesor.

Este grupo de investigadores, leva estudiando a zona desde 2010 para detectar terremotos e obter imaxes de rocas e xeo soterradas nas profundidades do continente, para  medir a capa de xeo e así poder reconstruir a historia climática da Antártida. Pero sen ter intención, fixeron un novo descubrimento: Un dos softwares, que tiña a finalidade de captar calquera cousa inusual, detectou dúas ráfagas de eventos sísmicos entre  2010 e 2011, que se produciran no mesmo lugar. Isto, chamou a atención dos investigadores, que o describíron como “moi estrano” e que cando decidiron buscarlle razón, observaron a aparición dun novo volcán que se estaba a formar baixo o xeo.

Os datos sísmicos obtidos, non se correspondían con procesos glaciares e as imaxes dun radar, mostraron unha capa de cinza baixo o xeo, o que acabou por confirmar que realmente había un volcán. Agora a prioridade dos científicos é a de coñecer as razóns polas que a zona occidental da Antártida ten montañas de orixe volcánico.

Martín Baúlde Trigo 4ºA.

 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.