Megaminería: un serio perigo

A megaminería ou mina a ceo aberto é unha práctica que consiste en excavar terreos, con excavadoras ou explosivos, para obter cobre, uranio, ouro, prata e outros materiais que hai no solo dalgúns lugares do planeta. Esta práctica ten consecuencias devastadoras tanto para o medio ambiente como para a saúde.

As súas consecuencias respecto á ecoloxía son a contaminación de augas, do aire, devastación do terreo, morte da biodiversidade, etc. Esta práctica xenera enormes cantidades de residuos tóxicos moi perigosos que se depositan no terreo e se filtran ata chegar a ríos. Isto poder ocorrer incluso anos despois do final da vida útil da mina. Tamén eten consecuencias respecto á saúde humana que habitan nas zonas preto (e non tan preto) a estas minas, como o aumento dos índices de cancro, as infecións bronco-pulmonares e as enfermedades da pel. Tamén ocorre un aumento da presenza de metais pesados en sangue, a través da inxesta da auga, os vexetais e a carne contaminada con ditos elementos (plomo, zinc, cromo, vanadio, xofre, arsénico, cobre e moitos máis).

Esta práctica quería traerse ata aquí, ata Galicia, á mina de Corcoesto, na comarca de Bergantiños. A multinacional Edgewater desexaba levar a cabo un proxecto nesta mina, que consistía na explotación e obtención de ouro. Este negocio movería moito diñeiro, pero a un prezo que non se paga nin con todo o ouro do mundo: a vida. Este proxecto, afortunadamente, foi cancelado polo momento e en parte debido á campaña de denuncia realizada na internet.


Autora: Mariña Busto Iglesias

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta