Á EXTINCIÓN POR FALTA DE ALIMENTO

Ao lince ibérico estánselle a acabar as presas. Para sobrevivir necesita comer polo menos un coello ao día, e que o felino máis ameazado do mundo se quede sen alimento pode supoñer un importante problema na súa conservación. O problema de que non haxa coellos está provocado por unha enfermidade hemorráxica vírica que están a sufrir, que afecta a toda España.

A súa reprodución estase reducindo nun núcleo tan importante como é o parque natural de Jaén. Esta zona xa tiña poucos conexos, pero é unha zona rica en femias de lince reprodutoras. O ano pasado contabilizáronse 53. En Doñana, outro principal hábitat deste felino hai só 25 femias, pero hai moitísimos máis coellos.

A falta de alimento é un problema, porque o lince non ten o estómago cheo non se reproduce, e entón os planes de recuperación da especie cáense.

Os programas Life (programas de recuperación de linces), conseguiron que a poboación destos felinos se triplicasen nos últimos 10 anos. O ano pasado saíron adiante 44 cachorros das novas camadas. As cifras de 2013 non se cerran hasta fin de ano polo que aínda non se saben.

Se o lince non encontra conexos no seu entorno tamén pode comezar a desprazarse en busca de lugares con máis alimentos e expoñerse a atropelos, motivo polo que morren un 33% destes felinos. No que vai de ano 13 destes animais morreron arroiados.. A xunta de Andalucía prepara medidas de choque. Hasta agora se estivera intentando reducir a alimentación suplementaria, para tender hacia unha poboación autosostenible. Os verdadeiros efectos da carencia de alimento percibiranse a partir de marzo de 2014, cando chegue a temporada de cría.


Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta