ARRASTRADOS Á DESAPARICIÓN

Fai uns días, o 10 de decembro, votouse na Eurocámara a regulación da pesca de arrastre no noreste europeo. O resultado desta votación foi a posposición de como mínimo 4 anos á prohibición da pesca de arrastre. En cambio os parlamentarios propuxeron a realizacion dun estudo das áreas máis vulnerables có fin de mellorar a sustentabilidade desas zonas.

A pesca de arrastre é un método de pesca que consiste no uso dunha red lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que encontra ó seu paso. O seu uso basease na pesca de especies como a merluza ou o fletán, pero entre os 200 e os 1.500 m de profundidade nos que se usa este método encontranse máis seres vivos, tales cómo peixes que non se poden comercializar, golfiños, tiburóns e tartarugas, os cales quedan atrapados nestas redes tamén. A demáis os seres que non queren ou non necesitan volven ao mar, alguns moribundos ou incluso mortos.


A biodiversidade do fondo mariño na que se encontran as esponxas, tiburons, tartarugas, golfiños e demáis especies desta zona está comezando a desparecer pouco a pouco.


Autora:Tatiana Meis

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta